13 de agosto de 2018
Non perdas o vindeiro 1 de setembro a Festa do Apego!
As crianzas de até os seis anos teñen unha cita para pecharen o verán por todo o alto. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a Festa do Apego, que se desenvolverá o vindeiro sábado 1 de setembro de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h no Centro Ágora.
Con ela, o Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua.
A inscrición será gratuíta e terán preferencia as familias que forman parte do Apego.gal no Concello da Coruña. Para elas, abrirase o prazo o luns 27 de agosto para cada unha das actividades. O mércores 29, se quedaren prazas, abrirase ao público en xeral.
Programa de actividades
Ás 11.00 da mañá abriranse diferentes postos que, durante a xornada, estarán a disposición das familias. Neles poderanse inscribir no Programa Apego aquelas persoas que aínda non forman parte del e recibir o seu agasallo de benvida. Ademais, a Biblioteca Ágora terá información para as familias, un espazo adaptado e unha exposición na propia biblioteca para coñecer todos os recursos que lles ofrecen.
Un outro posto de información fará unha mostra comentada para a primeira infancia en lingua galega, feito polas persoas responsables de ali.gal, a páxina de recursos na lingua galega, que lles explicarán a todas as familias interesadas, ao longo do día, todo tipo de materiais para a crianza de pequenas e pequenos.
Por último, as actividades da Festa do Apego van ser as seguintes:
Podes consultar as condicións de cada unha das actividades, así como o xeito de inscrición, na nosa axenda.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible