Musicando no Nadal
Familias con crianzas maiores de 3 anos
Familias
28/12/2021
Xa rematou
Dende o 22/12/2021 ata o 28/12/2021
ENTRADAS ESGOTADAS. Se ao comezar quedan asentos baleiros, poderase acceder por orde.
A inscrición, a través de https://reservas.gal/ comezará o mércores 22 de decembro ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de máis de 3 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Precisan entrada todas as persoas que acudan ao espectáculo, que se mostrará á entrada do evento, en formato papel ou no móbil.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
17.00 horas
60 min aprox.
Xardíns de Méndez Núñez. Xardíns de Méndez Núñez s/n. 15006 A Coruña
Palco da Música
De balde pero con inscrición previa en https://reservas.gal/
ENTRADAS ESGOTADAS. Se ao comezar quedan asentos baleiros, poderase acceder por orde.
Contan que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai unha máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida. Mamá Cabra cántalle á Estación Nadal con 'Xa me tardan estes magos', co 'Apalpador', con 'Panxoliñas' e co 'Rock do bacallau con coliflor', pezas recollidas nos dous álbums-CD editados na colección Sonárbore da Editorial Galaxia: 'Estación nadal' e 'Xa me tardan estes magos'; as duas publicacións de Mamá Cabra arredor do Nadal e todo o que nel celebramos.
A actividade desenvolverase no Palco da Música dos xardíns de Méndez Núñez e haberá dúas sesións: ás 17.00 e ás 18.30 h.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible