4 de mayo de 2021
Actividade dirixida aos centros de ensino de infantil e primaria
Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos infantil e primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Con este fin, dende maio ata novembro de 2021 imos desenvolver as seguintes actividades nos propios CEIP (ata esgotárense os pases):
Realizaranse nos propios centros que as demanden (por orde de inscrición). Cada centro só poderá recibir unha actividade.
Programa de Fomento da lingua galega nos CEIP
Normalización Lingüística ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos infantil e primaria.
Os obxectivos do Falamos son os seguintes:
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE
"DE AQUÍ PARA ALÁ", DE LYDIA BOTANA
Lydia Botana (Bolboreta) é a autora e directora do espectáculo "De aquí para alá" que conta cun libro-disco. É un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo. Contaremos a historia dunha bolboreta que parte de África e vai mostrando as distintas tradicións, bailes, músicas, instrumentos, fauna e flora dos diferentes continentes. O obxectivo deste proxecto é espertar o interese das nenas e dos nenos pola música e as culturas doutros lugares, valorando a diversidade e, por suposto, respectándoa, dun xeito divertido e didáctico na nosa lingua poñendo en valor o noso patrimonio cultural galego xa que a viaxe remata en Galicia. A historia, ademais, pretende levar os pequenos/as a comprender que a felicidade non está só no fin que se persegue, senón tamén na forma de percorrer o camiño, e que coa música sempre como compañeira de viaxe nunca nos sentiremos sós nin soas.
UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA
Uxía Lambona e a Banda Molona é unha formación musical dedicada a levar a música tradicional galega e, sobre todo as letras do noso repertorio máis coñecido, a un formato máis moderno e orixinal que inclúe ritmos alternativos coma o rap, rock & roll, ou ska para cancións tan coñecidas como A saia da Carolina, Catro vellos mariñeiros ou a Rianxeira.
Despois de "A bailar coma tolos", presentan temas do seu novo traballo "Astronauta sideral", unha proposta musical e escénica, con raíces na nosa tradición e repertorio innovador. O alumnado de ensino primario coñecerá unha formación que difunde a nosa cultura a través de vídeos musicais atractivos en que aparecen as letras destas cancións e con eles poderán traballar a lingua galega dun xeito divertido.
NOVAS VELLAS MELODÍAS, DE PABLO DÍAZ
"Novas vellas melodías", de Pablo Díaz xunto co prestixioso guitarrista Rubén Barros, é un percorrido polas cancións máis populares dos 5 traballos de Pablo, empezando polos temas do último traballo "Coas miñas mans" ata chegar aos máis famosos e coñecidos "O reloxo de Alberte", "O moucho chosco" etc. Así mesmo, incorporaranse temas inéditos que por primeira vez se tocarían en público neste espectáculo. Promoverase a promoción activa da igualdade e o respecto á diversidade e á diferenza. Outras temáticas do espectáculo son a ecoloxía, a diversidade ou a lingua coas mans.
"RADIO BULEBULE", DE PACO NOGUEIRAS
Logo do éxito de Brinca vai!, que obtivo o Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil, Paco Nogueiras presentou un novo traballo de alta calidade lingüística: Radio Bulebule. O medio radiofónico inspira os doce temas deste libro-cd-dvd que publica a editorial Kalandraka con ilustracións de David Pintor e uns videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo que, unidos, forman unha curtametraxe. Os ritmos variados predominan nunhas cancións que se artellan como a grella de programación dunha peculiar emisora en que o falar non ten cancelas. Sintonía de entrada, axenda cultural, música, faladoiro, novas, información deportiva e previsión meteorolóxica teñen cabida, con cadanseu tema, neste orixinal proxecto.
Inscricións en https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas/detalle-programa/falamos-primavera-2021/contenido/1453760623668
Máis información a través de inscricionslingua@coruna.es
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible