Con motivo do Día da Biblioteca e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2025, con Lamatumbá en concerto.
Para público en xeral
17/10/2025
Xa rematou
Dende o venres 10 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
As invitacións que sobraron estarán ao dispor pola tarde na biblioteca Ágora.
21.00 horas
90 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde con invitación
Teléfono: 981 189 888
Correo: lingua@coruna.gal
Esta edición do AgoraSón terá como protagonistas a Lamatumbá.
O Servizo de Normalización Lingüística, o venres 17 de outubro ás 21.00 horas, volve organizar o concerto do AgoraSón outono (co gallo do Día da Biblioteca e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Lamatumbá ten catro discos publicados e multitude de concertos, polo que é unha das grandes referencias da música en galego das festas e verbenas das últimas décadas. Esta formación ourensá abre agora unha nova etapa, logo do seu regreso aos escenarios hai dous anos, con nova imaxe, novos temas e a intención de reinventarse e seguir sendo referencia no panorama musical galego.
Este verán sacaron un novo tema, Botando leña, que lle dá título á xira. É un berro á resistencia para continuar nun mundo que, en demasiadas ocasións, convida ás derrotas e á rendición. A banda insiste na letra de Botando leña co seu chamamento habitual "á brincadeira", a un xeito de vivir que xira ao redor do gozo colectivo, "inmune á picadura do fracaso".
Este ano cumpríronse 20 anos do seu traballo Lume, (para que saia o sol) e o grupo está orgulloso de seguir oíndo nas voces do seu público os temas máis queridos, como o Licor café, o Desertor, o Reagge dos mariñeiros ou o San Benitín. Agora andan celebrando estes vinte anos e seguen "botándolle leña ao forno".
O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 17 de outubro ás 21.00 horas.
A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais.
Repartimento de invitacións
Repartiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o venres 10 de outubro nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.
Faranse dúas quendas de repartimento:
Consulta os horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.
Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.
Noticias relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible