Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de agosto de 2026

Lugares que visitar. O Labirinto de Breogán

Aproveitando o verán para coñecer lugares de noso onde procurar as raíces, as tradicións e aprender un chisquiño mentras gozamos da natureza, visitamos O Labirinto de Breogán en Vilarmaior.

No concello de Vilarmaior, moi cerquiña das Fragas do Eume, o Labirinto de Breogán preséntase como unha proposta ideal para gozar en familia; un espazo onde natureza, xogo e aprendizaxe danse a man nunha contorna acolledora e accesible para todos os públicos.

Con máis de 6.000 metros cadrados e milleiros de árbores formando unha gran cruz celta, o labirinto convértese nun escenario perfecto para a aventura compartida.

Dende o primeiro momento, a visita está pensada como unha experiencia participativa. Á entrada, cada grupo recibe un pequeno folleto que propón un reto: completar un encrucillado a partir das pistas que se van atopando ao longo do percorrido.

Pero o xogo vai máis alá do simple entretemento. As palabras que aparecen ábrenlle pequenas portas ao mundo simbólico e cultural da tradición galega e celta. Cada resposta é, ao mesmo tempo, unha descuberta: unha palabra nova, unha imaxe e unha historia.

Deste xeito, o labirinto convértese tamén nun espazo de aprendizaxe viva, onde a lingua vincúlase coa experiencia. Non se trata só de avanzar cara á saída, senón de ir construíndo, paso a paso, un vocabulario que conecta co territorio e a identidade.

O labirinto, ademais, está situado nunha zona de grande valor patrimonial, preto da ruta dos Petróglifos, o que permite introducir de maneira natural nocións sobre a historia máis antiga de Galicia: a Idade do Bronce, os símbolos espirais, a relación entre paisaxe e cultura.

A experiencia pode ser, así, unha primeira aproximación ao noso pasado, feita con curiosidade e vencellada ao xogo.

O percorrido, que adoita levar entre corenta e cincuenta minutos, non presenta dificultade física, polo que resulta axeitado para todas as idades. Ademais, para a xente miúda, hai unha réplica dos labirintos a pequena escala, onde a xente maior pode facer unha paradiña para descansar.

Ao longo do camiño, as instrucións son sinxelas e lévannos a escoller, probar, volver atrás, intentar de novo, mesmo cooperar con outros grupos de xente e crear estratexia. Un proceso que reforza a autonomía, a paciencia e a capacidade de resolución de problemas.

O espazo complétase con servizos que facilitan unha xornada tranquila: un bo aparcadoiro, zonas habilitadas para facer un pícnic en contacto coa natureza e un pequeno bochinche onde tomar algo e descansar. Ao remate do percorrido, a zona de xogos -construída con materiais naturais e integrada na paisaxe- convida a seguir explorando, agora desde o movemento libre e a imaxinación.

Nun contexto onde o lecer infantil adoita estar ligado ás pantallas, o Labirinto de Breogán ofrece unha alternativa saudable e enriquecedora de tempo compartido, aire libre e aprendizaxe vivencial. Un lugar pensado para todas as idades, onde as familias non só se divirten, senón que aprenden xuntas.

Ademais, é pet friendly.

Datos prácticos:

Enderezo: ARMADA, 15637 Vilarmaior, A Coruña

Teléfono: 698 19 50 10

info@laberintodebreogan.com

Horario

Xuño

  • Sábados e domingos: de 16.30 a 20.00 h
  • Última entrada: 19.00 h

Xullo

  • Martes a venres: de 17.00 a 20.30 h
  • Sábados, domingos e festivo (día 25):
    • Mañá: de 11.00 a 14.00 h (última entrada 13.00 h)
    • Tarde: de 17.00 a 20.30 h (última entrada 19.30 h)

Agosto

  • Todos os días:
    • Mañá: de 11.00 a 14.00 h (última entrada 13.00 h)
    • Tarde: de 17.00 a 20.30 h (última entrada 19.30 h)

Setembro

  • Sábados, domingos e días 1, 2, 3 e 4: de 16.30 a 20.00 h
  • Última entrada: 19.00 h

Páxina web:

https://www.laberintodebreogan.com/es/

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro, ás 17.00 h

    Cando:

    29/09/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro, ás 18.30 h

    Cando:

    29/09/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Garavanciña", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    06/10/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 02/10/2026 ata o 06/10/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión