6 de maio de 2026
Baixo o lema ‘Co galego no corazón, facemos revolución’, estudantes da cidade e a súa contorna pediron aos pés da Torre de Hércules un maior uso da lingua galega
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou esta mañá na edición número XXVI do Correlingua, que se celebrou na contorna da Torre de Hércules coa participación de 2.200 alumnos e alumnas de diferentes centros educativos da cidade e a súa contorna. As persoas participantes realizaron un percorrido a pé desde o Palacio dos Deportes ata a Torre de Hércules con pancartas e proclamas a prol do uso da lingua galega.
"Ver os centros de toda a contorna aquí reunidos: A Coruña, Oleiros, Arteixo, Cambre, Pontedeume... é unha proba clara de que hai unha xeración que ten o galego no corazón, como sinala o cartel desta edición", sinalou Castro, quen indicou que "desde o Goberno de Inés Rey apoiamos esta iniciativa, que complementa todo o traballo polo emprego da lingua galega que se fai durante o ano na cidade".
O acto estivo presentado pola actriz Isabel Risco e contou coa actuación musical de Mekánika Rolling Band. O alumnado do Afonso X O Sabio, de Cambre, foi o encargado de ler este ano o manifesto. Os centros premiados pola súa animación foron o CEIP Novo Mesoiro e o IES Neira Vilas, de Oleiros. Recibiron como agasallo un lote de libros cedido pola libraría Moito Conto.
Este ano o Correlingua celebrou a súa edición número 26 baixo o lema 'Co galego no corazón, facemos revolución'. Esta iniciativa educativa conta co apoio do Concello da Coruña e durante todo o ano organiza diferentes actividades co obxectivo de que a mocidade galega empregue a lingua propia. Castro recordou, ademais, que foi a alcaldesa, Inés Rey, quen aprobou na Coruña a primeira ordenanza de uso do galego coa que conta o Concello.
Centros participantes:
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
12/05/2026
17.00 horas
Dende o 08/05/2026 ata o 12/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
12/05/2026
18.30 horas

19/05/2026
17.00 horas
Dende o 15/05/2026 ata o 19/05/2026
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible