13 de decembro de 2018
As familias que forman parte da comunidade de Apego e todas aquelas interesadas en se uniren á comunidade no Concello da Coruña teñen dúas citas nestas datas: a festa Un Nadal con Apego do vindeiro 22 de decembro, e o Musicando no Nadal! dos días 2, 3 e 4 de xaneiro
Con estes dous programas, o Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua, así como ofrecer unhas alternativas de lecer en familia nestas datas de Nadal.
Programa de actividades da festa "Un Nadal con Apego!"
A festa de Nadal do programa Apego desenvolverase no Centro Ágora de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e estará composta das actividades seguintes:
Ademais, durante o día haberá un posto fixo de xoguetes de Brazolinda, que estará á disposición das persoas asistentes ao longo de todo o día.
As entradas para as actuacións son gratuítas pero limitadas pola capacidade dos recintos en que se van desenvolver. Repartiranse na conserxería do Centro Ágora unha hora antes do comezo de cada actividade.
Programa do Musicando no Nadal!
Pola súa banda, o Musicando no Nadal desenvolverase durante os días 2, 3 e 4 de xaneiro co seguinte programa:
Para o Musicando, os convites poderán retirarse na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística, www.coruna.gal/lingua, a partir do 26 de decembro de 2018, onde tamén se poderá consultar máis información sobre as actividades.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible