Contaconto e obradoiro de Apiario sobre o álbum ilustrado "Ola! Son un bicho bóla!"
Familias, Infancia
22/03/2022
Xa rematou
Dende o 18/03/2022 ata o 22/03/2022
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 3 e 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
17.00 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
18
De balde e con inscrición previa
Cantos bichos bóla coñeces? Hai un cento! E queren reunirse e formar un grupo. Un libro para rir e descubrir as habilidades dos bichos bóla que viven ao redor do mundo.
A través da voz de Elvira Ribeiro (autora) e das ilustracións de Noelia González Caamaño coñeceremos esta divertida panda.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 18 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.
Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible