Contaconto ilustrado e musicado
Familias
Para público en xeral
09/11/2021
Xa rematou
Dende o 05/11/2021 ata o 09/11/2021
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 4 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
17.00 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
15
De balde e con inscrición previa
A compañía Polo correo do vento tráenos a historia de Mario, un neno que coñecía outros idiomas pero que non lle vía utilidade á súa lingua nai. Narración, ilustración e música para un espectáculo no que o coñecemento do galego será clave para dar cun tesouro. Aventuras para rematar cun obradoiro de debuxo.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.
Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible