Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ruta urbana con Xurxo Souto. O retorno dos homes mariños. Contos da cidade barco.

Ruta guiada por Xurxo Souto con quen camiñaremos polo centro da cidade, protagonista de historias, lendas e gran parte da obra do autor, músico e divulgador coruñés.

A quen vai dirixido?:

Maiores de 16 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/05/2023 ata o 14/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/05/2023 ata o 12/05/2023

As inscricións faranse a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o martes 09/05 ata o venres 12/05 ás 15.00h ou ata que se esgoten as prazas (50).

Duración:

2 h

Número de prazas:

50

Prezo:

De balde con inscrición previa

Requisitos:

É necesaria a inscrición confirmada a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto. 

Organiza:

Área de Cultura e Normalización Lingüística do Concello da Coruña 

Ruta urbana con Xurxo Souto. O retorno dos homes mariños. Contos da cidade barco é unha actividade do IMCE en colaboración con Normalización Lingüística do Concello da Coruña para celebrarmos o día grande das nosas Letras.

Haberá dous pases:

-sábado 13 de maio de 19.00 a 21.00h

-domingo 14 de maio de 11.30 a 13.30h

O punto de reunión e saída indicarase co correo de confirmación da inscrición.

INFORMACIÓN XERAL QUE CÓMPRE TER EN CONTA:

- As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal dende o momento de publicación deste evento e ata o venres 12 de maio ás 15.00h  ou ata que se esgoten as prazas (50).

- A actividade diríxese a maiores de 16 anos.

Como inscribirse

Algunhas actividades precisan inscrición a través dunha ferramenta web.

Se non sabes como inscribirte, o CMIX explícacho nesta páxina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión