Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2022

A creación galega en feminino arredor do 8M

Mesa redonda sobre a creación en clave feminina o martes 8 de marzo ás 17.00 h na aula 9 do Centro Ágora.

Con motivo dun día tan senlleiro, xuntaremos no Centro Ágora, o martes 8 de marzo ás 17.00 h na aula 9, catro mulleres clave dentro do panorama artístico e cultural de Galicia, para falar das súas posicións e proceso creativo na mesa redonda "A creación galega en feminino arredor do 8M". 

Estíbaliz Espinosa (escritora e divulgadora científica), Anxos Fazáns (directora de cinema), Diana Rodeiro "Nana" (artista gráfica e ilustradora) e Nuria Vil (poeta e spoken word) falarán e amosarán parte dos seus traballos e reflexionarán arredor de como inflúe o feito de ser muller en eidos tan masculinizados como o audiovisual, a ciencia, a arte urbana ou a ilustración.

Cuestións como a maternidade, a diversidade, o feminismo e as violencias estruturais serán cuestións que se tratarán para crear unha panorámica realista de cara a que o público coñeza un pouco máis as nosas creadoras.

As convidadas a este coloquio representan diferentes especialidades do mundo artístico e intelectual, para unha maior aproximación do traballo en feminino do que a cultura galega fai estandarte e, tamén, exporta. Mais, é todo, realmente, o que parece?

Da esfera literaria teremos a Estíbaliz Espinosa e a Nuria Vilán. Nuria Vilán, poeta e figura máis que destacada do spoken word, formouse en estudos literarios en Vigo e Santiago de Compostela, forma parte do colectivo A Sega e circula entre oralidade, diálogos co audiovisual e o poemario, xa que acaba de publicar o seu primeiro traballo impreso, Simún, onde as inspiracións femininas teñen unha relevancia fundamental.

Transitando tamén polas distintas vías que ofrece a multidiciplinaridade, Estíbaliz Espinosa, poeta -con volumes galardoados como Pan ou Número e-, narradora infantil -ou non- con Caer de cu polo universo, autora de podcasts, blogueira e divulgadora científica, achegará unha visión deste panorama cultural moi vencellado á lírica que pode almacenar un microchip.

Diana Rodeiro, "Nana", representará a rama plástica da mesa redonda. Instruída en Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña e merecedora dunha bolsa Leonardo da Vinci, é muralista e ilustradora. Na súa obra destacan as grandes olladas, a forza das súas cores, os degradados que lembran as peles máis new school e a presenza máis reivindicativa da muller.

E, por último, estará na mesa Anxos Fazáns, directora, guionista e actriz de cinema. Despois de graduarse en Comunicación Audiovisual na cidade de Vigo e rematar un máster de cine na Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Catalunya mergullouse de cheo na creación e gravación de diferentes curtas como Area ou Analóxica, ata presentar a súa primeira longametraxe A estación violenta, adaptación da novela de Manuel Jabois.

Aínda que as interlocutoras serán reflexo da súa área de traballo, ficará moi claro que o diálogo entre especialidades e estilos é fundamental nas súas carreiras, como tamén o é a loita dentro dun espazo que, en moitos casos, está dominado polo masculino e as súas manifestacións. As autoras terán a oportunidade de falar do seu traballo, das súas experiencias, de dialogar co público e, tamén, de amosar parte da súa obra.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión