Espectáculo teatral para a primeira infancia
Familias, Infancia, Para público en xeral
11/03/2025
Xa rematou
Dende o 07/03/2025 ata o 11/03/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Atención, donas e cabaleiros, cativas e cativos, chega á vosa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros, interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso, ofrecerannos o libro perfecto grazas á súa capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión! A libraría máxica é un espectáculo para toda a familia, unha divertida peza teatral que lles rende homenaxe ao pequeno comercio e ás tendas de barrio, e que lles achega aos nenos e ás nenas o amor pola literatura e a lingua galega.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible