Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Almanaque musical, de Percubebés. Pase das 18.30 h
A arpa de Bea e a voz de Marcelo farannos cantar ao mesmo tempo que aprendemos
A quen vai dirixido?:
Familias
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
30/11/2021
Xa rematou
Inscricións:
Dende o 26/11/2021 ata o 30/11/2021
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 0 e 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
O novo espectáculo de Percubebés, Almanaque musical, móstralles ás familias o ciclo do ano con fermosas cantigas acompañadas por Pelán. Co noso curioso amigo Pelán aprenderemos o día que é e todo o que abrangue o almanaque: as estacións, a lúa, as mareas, o agro, as festas...
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas. Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que estean en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
Asistirá á actividade a crianza inscrita cunha persoa adulta responsable.
Manterase correctamente posta a máscara dende que se entra no centro ata que se sae. É obrigatoria dende os 6 anos.
Evitaranse aglomeracións e accederase ás aulas de xeito ordenado e gardando a distancia de seguridade.
Aplicarase solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír do recinto.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible