Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de marzo de 2019

Antonio Manuel Fraga, Lucía Aldao, Eli Ríos e Xurxo Souto acompañarannos nos Paseos pola Coruña Literaria da primavera

O luns 11 de marzo abrimos a inscrición para o primeiro dos paseos, con Antonio Manuel Fraga

Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, teñen datas e portagonistas para esta primavera. Antonio Manuel Fraga, Lucía Aldao, Eli Ríos e Xurxo Souto levarannos por diferentes localizacións da cidade que ambientaron ou inspiraron as súas obras. Serán ás 12.00 h e terán unha duración aproximada de hora e media. 

O calendario será o seguinte:

  • 23 de marzo, con Antonio Manuel Fraga. "Un bestiario en Oza". O bestiario científico de Anxos Nogueirosa evoca a lembranza do pretérito soñado. É un libro que nace da fascinación por un lugar, o antigo Sanatorio Marítimo de Oza; e por un tempo, o período no que albergou colonias escolares. É, tamén, un encontro coas persoas que o transitaron, que o viviron para despois contalo. Neste paseo entreteceremos, logo, a ficción e a memoria; o papel e o territorio.
  • 30 de marzo, con Lucía Aldao. "Todo isto antes era noite (coruñesa)". O bo dos libros de poemas é que adoitan ofrecer numerosas lecturas, case tantas coma lectoras hai. Á poeta non lle queda outra que aceptalas e agradecelas todas, pero pode que nalgunha ocasión lle dean a oportunidade de contar a súa versión, a súa propia lectura do mapa. Chegado ese momento pode, incluso, que decida contar a verdade.
  • 27 de abril, con Eli Ríos. "DX ou a Elviña de 2030". Seguindo as liñas de DX faremos un roteiro no que camiñaremos os espazos físicos da novela. Ademais, viaxaremos ata a noitevella de 2019 para descubrir que agocha o futuro. Unha viaxe espazo-temporal está á túa espera na Chousa do Cura.
  • 11 de maio, con Xurxo Souto. "Da Casa do Remo á illa do Paraíso". Desde a Cidade Vella, cara á contorna da Torre agárdanos a rocha dos Macallás. Un reencontro -e ás veces descuberta- de xeografías moi próximas, para atopármonos, alén de Chiruca, con outras moitas mulleres do Mar: Laura Coído, da Casa do Remo; a redeira  Anónima Maragota, ou a serea negra, Mamí Watá.

Prazos e forma de inscrición

Os Paseos pola Coruña Literaria están destinados a persoas maiores de 16 anos e son gratuítos. É necesaria a inscrición, pois están limitados a 55 prazas.

A inscrición pódese facer na conserxaría do Centro Ágora, chamando ao 981 189 888 (a partir das 9.00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es, nas seguintes datas:

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "O libro máxico", de Migallas Teatro, ás 18.30 h

    Cando:

    02/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 29/03/2024 ata o 02/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os instrumentos teñen vida propia", de Laura Romero, ás 17.00 h

    Cando:

    09/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 05/04/2024 ata o 09/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión