As persoas que tiveron a sorte de asistir a unha función de teatro para bebés adoitan amosar interese por repetir a experiencia. A emoción que destilan estas obras sobre o escenario é de alta intensidade.
Familias
Dende o 29/01/2023 ata o 04/06/2023
Xa rematou
11:30 e 13:00 h
Agás "Ploc, ploc... plik!" ás 11:45 h e 13:00h
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
Abono Familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 € (só nos despachos de billetes)
Menores de 3 anos: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo agora@coruna.gal
IMCE
agora@coruna.gal
As obras para espectadoras/es tan precoces reúnen algúns requisitos. Un deles é a proximidade entre a escena e o público, o que leva a que o patio de butacas se transforme nunha zona pegada ao escenario, con alfombras, coxíns, pequenos bancos..., onde nenas e nenos poden permanecer sentados con menos rigor e dun xeito máis acorde á súa anatomía, á beira dos seus pais.
O segundo requisito é a duración, que flutúa entre 30 e 45 minutos, que é o tempo que a atención dun bebé se pode fixar na actividade.
As propostas que presentamos este ano son moi variadas: con ou sen palabras, con obxectos, con música, con movemento, con efectos audiovisuais... Todas pretenden espertar sensibilidades e transmitir emocións achegándonos ao teatro, á danza, á música, á vida.
"Porque os nenos e as nenas merecen e necesitan que a arte forme parte das súas vidas; porque as artes escénicas contribúen á súa formación emocional, a desenvolver a empatía e a xerar sociedades máis xustas. Merecen poder emocionarse e gozar con contidos de calidade que lles falen da realidade da que eles e elas son partícipes. Merecen un mundo cheo de arte". (ASSITEJ España. Artes Escénicas para la Infancia y la juventud).
VENDA DE BILLETES
Entidades
Actividades relacionadas
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
14/05/2024
17.00 horas
Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
14/05/2024
18.30 horas
Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
21/05/2024
18.00 horas
Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible