Celebración das Letras Galegas
Familias, Infancia, Para público en general
27/05/2025
Ya ha finalizado
Desde el 23/05/2025 hasta el 27/05/2025
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
17.00 horas
45 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
35 crianzas por sesión
De balde e con inscrición previa
Espectáculo de narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías para exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, facendo especial fincapé nas cantareiras e no cancioneiro popular a quen se lle dedica este 2025. Poñeremos en valor o legado de todas estas mulleres dende Rosalía de Castro ata as cantareiras. Todas as mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura, na música e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora.
Pídese puntualidade.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible