Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de setembro de 2021

Día do Apego na Coruña

Xusto ao comezar o curso académico e para despedir este verán tan singular, celebramos unha minifesta: o Día do Apego. E presencial!!

Familias apegueiras, por fin poderemos compartir un anaquiño ao aire libre, sobre o céspede central do Parque Europa e coa música e as historias revoando ao noso arredor.

O xoves 9 de setembro poderemos xuntármonos de novo para compartir as actuación de Golfiños (ás 17.00 h) e de Trotaventos (ás 19.00 h).

As entradas estarán dispoñibles na web https://reservas.gal dende as 10.00 h do martes 7 e todas as persoas que se acheguen deberán ter a súa, tanto crianzas como adultas. 

Os espectáculos están recomendados para as idades do noso Programa Apego, de 0 a 6 e podedes vir con quen queirades, sempre con entrada e cumprindo con todos os protocolos de seguridade anti-COVID.

De formato familiar, poderemos gozar de ambos os espectáculos en formato concerto que conformarán o evento no Parque Europa: Golfiños, con "O soño dos golfiños" (17.00 h) para as nenas e nenos máis pequenas/os e Trotamundos con "A fiestra dos soños" para as nenas e nenos maiores.

Golfiños, con "O soño dos golfiños", achega melodías moi diversas ás familias para que desfruten das pequenas cousas e sorrían cantando na procura dos seus soños e superen as dificultades que se lles presentan coa axuda do xogo, das adiviñas e da música.

Trotamundos, con "A fiestra dos soños" baséase nun libro de poemas ilustrados e musicados editado por Galaxia e dirixidos principalmente ao público infantil e familiar. No concerto representaranse eses poemas, con ritmos diversos, facendo fincapé na natureza, no medio ambiente e na diversidade cultural.

​Xa tarda que chegue a tarde do xoves e poidamos vernos!

https://i.gal/5prbR

https://i.gal/y3H4R

Enderezo:

Parque Europa. Rúa Río Monelos,. 15006 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión