Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de maio de 2021

Falamos infantil e primaria nos CEIP da cidade

Actividade dirixida aos centros de ensino infantil e primario da cidade (previstas para 2020 e aprazadas pola pandemia)

Normalización Lingüística do Concello da Coruña ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos infantil e primaria. Este programa pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego. Con este fin, dende maio ata novembro de 2021 imos desenvolver as seguintes actividades nos propios CEIP (ata esgotárense os pases):

  • 7 pases escolares de "De aquí para alá", de Lydia Botana, dirixidos ao alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de infantil dos CEIP da cidade. Por un imprevisto persoal, esta actividade anúlase. A nova proposta é: 7 pases escolares de "Contos nas orellas", de Migallas Teatro, dirixidos ao alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de infantil dos CEIP da cidade. PASES ESGOTADOS.
  • 7 pases escolares de "Uxía Lambona e a Banda Molona", dirixidos ao alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de primaria dos CEIP da cidade. PASES ESGOTADOS.
  • 8 pases escolares de "Novas vellas melodías", de Pablo Díaz, dirixidos ao alumnado de 1.º, 2.º e 3.º de primaria dos CEIP da cidade.
  • 7 pases escolares de "Radio Bulebule", de Paco Nogueiras, dirixidos ao alumnado de 2.º, 3.º e 4.º de primaria dos CEIP da cidade.

Realizaranse nos propios centros que as demanden (por orde de inscrición). Cada centro só poderá recibir unha actividade.

Programa de Fomento da lingua galega nos CEIP

Normalización Lingüística ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa Falamos infantil e primaria.

Os obxectivos do Falamos son os seguintes:

  • Promover a utilización da lingua galega nos centros de educación infantil e primaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE

  • Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.
  • Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na infancia sobre o galego.

"CONTOS NAS ORELLAS", DE MIGALLAS TEATRO

"Contos nas orellas" é un espectáculo de narración, ditos e música en pequeno formato onde se conxugan a narración oral, os álbums ilustrados e a música, a cargo da narradora Bea Campos e do músico Manuel Pombal. Un bo día, pola mañá, Bea e Manuel collen as súas maletas e os seus instrumentos e van facer o que máis lles gusta: contar os seus contos preferidos con música en directo e cancións. Compartirán coas nenas e cos nenos a divertida historia dun coelliño moi traballador, a fábula de tres chibos chibóns e tamén a aventura de Daniela, unha valente nena que quere ser pirata. Entre unha historia e outra, cantarán e ensinarán ditos tradicionais relacionados cos contos e cos seus protagonistas. As historias que se contarán durante a sesión son: Daniela Pirata, O coelliño branco, Chibos chibóns e Andando polo camiño. Os ditos que se traballarán están recollidos na páxina web Orella Pendella e na serie de vídeos Brincadeiras da lingua. Número de participantes: 50 nenas/nenos.

UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha formación musical dedicada a levar a música tradicional galega e, sobre todo as letras do noso repertorio máis coñecido, a un formato máis moderno e orixinal que inclúe ritmos alternativos coma o rap, rock & roll, ou ska para cancións tan coñecidas como A saia da CarolinaCatro vellos mariñeiros ou a Rianxeira.

Despois de "A bailar coma tolos", presentan temas do seu novo traballo "Astronauta sideral", unha proposta musical e escénica, con raíces na nosa tradición e repertorio innovador. O alumnado de ensino primario coñecerá unha formación que difunde a nosa cultura a través de vídeos musicais atractivos en que aparecen as letras destas cancións e con eles poderán traballar a lingua galega dun xeito divertido.

NOVAS VELLAS MELODÍAS, DE PABLO DÍAZ

"Novas vellas melodías", de Pablo Díaz xunto co prestixioso guitarrista Rubén Barros, é un percorrido polas cancións máis populares dos 5 traballos de Pablo, empezando polos temas do último traballo "Coas miñas mans" ata chegar aos máis famosos e coñecidos "O reloxo de Alberte", "O moucho chosco" etc. Así mesmo, incorporaranse temas inéditos que por primeira vez se tocarían en público neste espectáculo. Promoverase a promoción activa da igualdade e o respecto á diversidade e á diferenza. Outras temáticas do espectáculo son a ecoloxía, a diversidade ou a lingua coas mans.

"RADIO BULEBULE", DE PACO NOGUEIRAS

Logo do éxito de Brinca vai!, que obtivo o Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil, Paco Nogueiras presentou un novo traballo de alta calidade lingüística: Radio Bulebule. O medio radiofónico inspira os doce temas deste libro-cd-dvd que publica a editorial Kalandraka con ilustracións de David Pintor e uns videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo que, unidos, forman unha curtametraxe. Os ritmos variados predominan nunhas cancións que se artellan como a grella de programación dunha peculiar emisora en que o falar non ten cancelas. Sintonía de entrada, axenda cultural, música, faladoiro, novas, información deportiva e previsión meteorolóxica teñen cabida, con cadanseu tema, neste orixinal proxecto.

Inscricións en https://www.coruna.gal/educacion/gl/plan-coruna-educa/detalle-programa/falamos-infantil-e-primaria-nos-ceip-da-cidade-2021-22/contenido/1453773850544

Máis información a través de inscricionslingua@coruna.es 

Enderezo:

A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 17.00 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Os contos do chupete", de Migallas, ás 18.30 h

    Cando:

    23/04/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 19/04/2024 ata o 23/04/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión