Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de agosto de 2025

Festa do Apego 2025

Non perdas o vindeiro venres 5 de setembro a Festa do Apego!

As familias con crianzas teñen unha cita ao remataren as vacacións do verán. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza a Festa do Apego, que se celebrará o vindeiro venres 5 de setembro, ás 17.00 hno Campo da Leña.

O Concello da Coruña quérelles agradecer a todas as familias a súa pertenza ao programa Apego e convidar outras novas a se sumaren a esta iniciativa que pretende axudar á socialización en galego e á transmisión interxeracional da nosa lingua.

A asistencia será gratuíta e sen necesidade de inscrición!!

Haberá dúas actuacións musicais:

  • Ás 17.00 h, concerto "C@nto contigo", de Paco Nogueiras (duración aprox. 50 min)
  • A continuación, concerto "25 aniversario" de Mamá Cabra (duración aprox. 50 min)

Teremos un espazo de información do Programa Apego. Agardámosvos!

C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorrido polas cancións máis coñecidas dos seus traballos Brinca vai!, Radio Bulebule e Extra!, sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste "grandes éxitos", coñeceremos un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais. 

Mamá Cabra cumpre 25 anos e quere celebralo cun concerto moi especial! Gloria Mosquera e as súas músicas cantarán os grandes éxitos do grupo, dende a súa creación ata o presente, dende os primeiros traballos discográficos ata as últimas novidades. Unha actuación musical chea de ritmo para que as familias canten, bailen e se divirtan cos temas de Ola, ola, la, Cartas que veñen e van, Eu cociño, ti cociñas? e A fraga do meu avó!

Enderezo:

Praza de España. Praza España.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Carapuchiña Vermella e os 5 lobiños”, de Ángeles Goás, ás 17.00 h

    Cando:

    17/03/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 13/03/2026 ata o 17/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Carapuchiña Vermella e os 5 lobiños”, de Ángeles Goás, ás 18.30 h

    Cando:

    17/03/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 13/03/2026 ata o 17/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Cantacontos para bebés“, de Pablo Díaz, ás 17.00 h

    Cando:

    24/03/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 20/03/2026 ata o 24/03/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión