1 de xuño de 2022
Compartimos aquí materiais e recursos variados para que poidades usar, xogar, aprender...
Coñecedes todas as criaturas que viven nos nosos bosques, granxas ou casas? Salvaxes ou domesticados, os animais están sempre ao noso arredor. En cada lugar da nosa xeografía poden ter un nome distinto. Sabédelos todos?
Con este xogo de tarxetas e preguntas podemos coñecer moitísimos animais que habitan en Galicia e aprender as súas características, modo de vida, lugares nos que viven ou se relacionan e moito máis.
Creado polo EDLG e alumnado do IES de Carral, nun traballo conxunto de moito mérito, vistoso e documentado co que poderemos xogar e aprender ao mesmo tempo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible