Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Ñam!", de Caramuxo Teatro, ás 17.00 h (auditorio)

Espectáculo teatral para a primeira infancia

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia, Para público en xeral

Cando:

30/09/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 26/09/2025 ata o 30/09/2025

A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 5 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Horario:

17.00 horas

Duración:

30 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:

35 crianzas por sesión

Prezo:

De balde e con inscrición previa

Comer é un pracer, pero antes hai que cociñar e escoller os mellores produtos, porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes e pequenas, os tomates da casa ou doutro lado do mundo.

A min encántame o salgado! Pois eu prefiro o doce! 

Ñam! é un espectáculo creado a partir do mundo da cociña, para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.

Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.

Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión