Achégase o Entroido e a raposiña Chiruca quere vestirse co mellor disfrace do mundo.
Familias con crianzas de 3 a 6 anos
Para público en xeral
15/02/2020
Xa rematou
Dende o 10/02/2020 ata o 15/02/2020
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 3 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 10.45 e 12.30 h
75 min aprox.
De balde e con inscrición previa
Normalización Lingüística
981 184 200 ext. 34333
A raposiña Chiruca está emocionada. Achégase o Entroido e, coma todos os anos, xa lle toca ir preparando o disfrace. Chiruca quere lucir cada ano o mellor disfrace posible e ademais, e isto é moi importante, sempre o fai ela coas súas propias gadoupiñas.
Pero este ano ten un problema grande: sabe, porque llo dixo súa avoa, que o mellor disfrace que pode facer é o de urrupinca carmirola mais é complicado de facer porque súa avoa só viu a urrupinca unha vez na súa vida cando era noviña e ademais leva moitas cousas que a raposiña non ten.
Por iso se bota a andar á procura deses elementos que non poden faltar no disfrace da urrupinca. Para conseguilos, Chiruca ha ter que lles pedir axuda a moitos animais (algúns máis amigables ca outros, todo hai que dicilo).
É este un obradoiro-contacontos acumulativo e participativo onde as crianzas irán desenvolvendo o conto de Chiruca e o disfrace de urrupinca.
A actividade desenvolverase nas aulas do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 10.45 e ás 12.30 horas.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Entidades
Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades
07/05/2024
17.00 horas
Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
07/05/2024
18.30 horas

14/05/2024
17.00 horas
Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible