Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paco Nogueiras presenta "Radio Bulebule"

Paco Nogueiras quere presentar na Coruña Radio BULEBULE” o seu novo traballo logo de “Brinca vai!” (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-cd-dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia.

A quen vai dirixido?:

Familiar

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

17/11/2017

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 06/11/2017 ata o 17/11/2017

É necesario retirar un convite na páxina de ticketea para todas as persoas que vaian asistir, tanto para as crianzas como para quen as acompañe

Formulario de inscripción

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Horario:

18:30 h

Duración:

Unha hora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

Inscricións en ticketea a partir das 9.00 h do 6 de novembro

O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco. Os temas dispóñense ao xeito da grella de programación dunha peculiar emisora na que non faltan sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza...- , música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica. Inspirado nas ondas herztianas, entre as cancións tamén están presentes as transicións, os indicativos, os sinais horarios e outros elementos sonoros propios deste versátil medio xornalístico.

Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, o autor coida as letras das composicións e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público. O colorido e a expresividade volven ser as marcas de identidade visual.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión