Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xaneiro de 2024

Programa Apego. Actividades para febreiro-xuño do 2024

Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, para os primeiros meses do ano, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.

Na Coruña témoslle Apego á lingua!!

Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con nenas e nenos!

Velaquí a programación para os primeiros meses de 2024:

Martes 20 de febreiro, dous pases: 17.30 e 18.30 h (55 min)

Inscrición: a partir do venres 16 de febreiro, ás 10.00 h

Un percorrido polas cancións dos traballos Brinca Vai, Radio Bulebule e Extra.

Martes 27 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (55 min)

Inscrición: a partir do venres 23 de setembro, ás 10.00 h

A familia de Amabel ten superpoderes pero ela aínda non sabe cal é a súa actividade extraordinaria.

Martes 5 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 1 de marzo, ás 10.00 h

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. Cando ela vai narrar o seu conto favorito ve que está cheo de buracos.

Mércores 13 e xoves 14 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 8 de marzo, ás 10.00 h

Abordarase teatralmente, con sutileza e delicadeza, unha temática preocupante, os abusos sexuais na infancia, un tema tabú para a sociedade, que convive no noso día a día e cunhas estatísticas alarmantes.

Martes 19 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 15 de marzo, ás 10.00 h

Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha chuvia de pompas quítalles ao elefante e á tartaruga as súas cores. Será Leo capaz de devolvérllelas?

Martes 26 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min + 30 min)

Inscrición: a partir do venres 22 de marzo, ás 10.00 h

Narración oral con música en directo na primeira parte da actividade e posterior exposición de libros con charla para descubrir lecturas novas, libros-xogo etc.

Martes 2 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 29 de marzo, ás 10.00 h

Espectáculo onde se combinan os contos, a música e o teatro co obxectivo principal de animar a gozar da lectura e a convertela nun hábito.

Martes 9 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 5 de abril, ás 10.00 h

Obradoiro da ilustradora Laura Romero que co músico Juan Álvarez e o debuxo e a música en directo nos axudarán a coñecermos máis algúns instrumentos tradicionais.

Martes 16 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 12 de abril, ás 10.00 h

Arrolos ou cancións de berce para as familias que esperan un/unha bebé ou que teñen crianzas pequenas, con materiais musicais inéditos e ferramentas básicas. 

Martes 23 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)

Inscrición: a partir do venres 19 de abril, ás 10.00 h

Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete e cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito. A quen se lle conte, un lobo con chupete!

Martes 7 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (55 min)

Inscrición: a partir do venres 3 de maio, ás 10.00 h

Presentación do novo espectáculo de Paco Nogueiras dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións.

Martes 14 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 10 de maio, ás 10.00 h

Concerto baseado no libro-disco no que dous nenos soñan historias: toman o té cun dragón ou e atopan un lobo verde cantándolle a unha ra azul. Nada é o que semella ser!

Martes 21 de maio, un pase: 18.00 h (30 min)

Inscrición: a partir do venres 17 de maio, ás 10.00 h

Carapuchiña Vermella vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño van aparecendo cinco lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta. 

Martes 28 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 24 de maio, ás 10.00 h

Música e baile tradicional mesturado co xogo baseado nas cancións máis coñecidas por todas e todos. As familias poden traer percusión miúda (axóuxeres, pandeiretas etc.).

Martes 4 de xuño, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 31 de maio, ás 10.00 h

Presentación do novo espectáculo de teatro-documento que narra os feitos reais da loita pola supervivencia do arroaz que frecuenta as praias da ría de Muros e Noia.

Precísase só a inscrición da crianza que o día da actividade estará sempre acompañada por unha persoa adulta. Pídese puntualidade.

Documentos:

Actividades-Apego-febreiro-xuno-2024-folleto.pdf (8 MB)

Actividades relacionadas

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión