Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2026

Programa Apego. Actividades para setembro-decembro do 2026

Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza, para os meses de setembro a decembro, actividades para familias con crianzas de 0 a 6 anos dentro do Programa Apego.

Na Coruña témoslle Apego á lingua!!

Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con nenas e nenos!

Velaquí a programación para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2026:

Martes 29 de setembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (35 min)

Inscrición: a partir do venres 25 de setembro, ás 10.00 h

Iria Pinheiro presenta esta festa literaria para as/os máis peques, na que se entrelazan fantásticas historias cheas de sorpresas.  

Martes 6 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 2 de outubro, ás 10.00 h

Bea Campos fará saír da casa a Garavanciña por vez primeira. Que atopará nesta primeira saída? Contos clásicos reinterpretados cimentan esta historia que busca a deconstrución dos estereotipos de xénero.

Martes 13 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 9 de outubro, ás 10.00 h 

Experiencia de narración en galego que utiliza o corpo como escenario do relato, onde corpo e voz fortalecen o vínculo coas crianzas e converte a lingua nunha experiencia vivida.

Martes 20 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (55 min)

Inscrición: a partir do venres 16 de outubro, ás 10.00 h 

Paco Nogueiras trae este espectáculo de grandes éxitos dos seus traballos anteriores: Brinca Vai!, Radio Bulebule e Extra! Preparádevos para non parar de bailar e cantar a ritmo das fusións musicais máis inesperadas!

Martes 27 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 23 de outubro, ás 10.00 h 

Cun rock suave, Chuches Amil presentará os seus monstros non tan monstruosos para falarnos da empatía, do espazo persoal, do diferente, do consentimento, da confianza e da alegría de ser distinto.

Martes 3 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (35 min)

Inscrición: a partir do venres 30 de outubro, ás 10.00 h

Nano é unha pequena ra aventureira que non para de aprender... Mais un día aparece un paxaro vermello, pequeno coma el... Que pasará? Narración oral con eixes centrais como a aprendizaxe, o acto de compartir coas demais persoas e a importancia de resolver os conflitos dun xeito natural.

Martes 10 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (80 min)

Inscrición: a partir do venres 6 de novembro, ás 10.00 h

Nestes obradoiros impartidos polo experimentado equipo de Eduvía, aprenderemos a realizar as nosas propias chapas cheas de lingua, ademais de tatuaxes temporais cheas de cor.

Documentos:

Folleto_Apego_0925.pdf (1 MB)

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro, ás 17.00 h

    Cando:

    29/09/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Festa de letras", de Iria Pinheiro, ás 18.30 h

    Cando:

    29/09/2026

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 25/09/2026 ata o 29/09/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Garavanciña", de Migallas Teatro, ás 17.00 h

    Cando:

    06/10/2026

    Horario:

    17.00 horas

    Inscricións:

    Dende o 02/10/2026 ata o 06/10/2026

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. 

    Pídese puntualidade. 

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión