Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de marzo de 2023

Programa de Fomento da lingua galega nas EIM da cidade

Actividade dirixida aos centros de ensino de infantil municipais

Programa de fomento e dinamización do galego na Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña

Os obxectivos do programa de fomento e dinamización do galego nas escolas infantís do Concello da Coruña, baseados no Plan xeral de normalización da lingua galega, son:

1 Contribuír na galeguización de todos os niveis do sistema educativo e na dotación de materiais e recursos ás escolas infantís municipais, principalmente lúdicos, que poidan axudar na consecución desta galeguización.

2 Axudar a que as familias que teñen o galego como lingua habitual e desexan que as súas fillas e fillos non o perdan ao socializaren, sobre todo coa entrada na escola, poidan lograr o seu obxectivo.

3 Contribuír a que o sistema educativo dispoña dunha planificación orientada a garantir unha competencia semellante nas dúas linguas oficiais, sobre todo nun contexto tan castelanizado como A Coruña.

4 Ofrecerlles ás EIM máis recursos e materiais para o desenvolvemento das aulas en galego na etapa educativa 0-3 anos, principalmente lúdicos e didácticos e que fomenten unha imaxe positiva do galego nas crianzas.

Co fin de conseguirmos estes fins propoñemos realizar:

  • 11 pases escolares do espectáculo "Ollo, piollo!", de Chus Álvarez 

Os espectáculos realizaranse nas propias EIM, entre marzo e maio de 2023, nas datas e horarios que entre as dúas partes se acorden. De cada actividade desenvolverase un pase nas escolas Luis Seoane, Os cativos, Monte Alto, Caracola e Agra. Nas tres EIM que contan cun maior número de alumnado (Arela, Os Rosales e Carricanta) levaranse a cabo dous pases do espectáculo en vez de un. 

'Ollo, piollo!' é un espectáculo de narración oral para descubrir o mundo con ollos ledos. Contos e cantos para xogar, con imaxes e palabras. Nesta actividade emprega a súa voz (para contar e cantar) e libros físicos ou outros pequenos obxectos, como luvas, para narrar cos dedos das mans. Nos seus contos de crocodilos, gatos ou eirugas xogará coas rimas e as cores.

Idade: de 0 a 3 anos

Duración: 30 minutos aprox.

Chus Álvarez é filóloga, educadora infantil e máster en estudos avanzados de teatro. É tamén diplomada en arte dramática e ten ampla formación como actriz. Leva anos dedicada ao mundo dos nenos e das nenas, tanto impartindo aulas de teatro como dirixindo e actuando para elas. Á parte de traballar como narradora oral e docente teatral, co-creou Teatro da Semente, unha compañía teatral especializada en teatro para bebés, coa que xirou por Galicia, España e Portugal de 2012 a 2018. Traballa como narradora oral desde 2003 en bibliotecas, feiras do libro, escolas infantís etc. e tamén impartiu obradoiros e relatorios de narración oral, linguaxe oral e expresión dramática para diferentes entidades. Como narradora de concertos didácticos traballou coa Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Banda Municipal de Música de Coruña, por exemplo.

Enderezo:

Avda. . A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 18.30 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Carapuchiña Vermella", de Ángeles Goás, ás 18.00 h

    Cando:

    21/05/2024

    Horario:

    18.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 17/05/2024 ata o 21/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 1 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión