Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de setembro de 2023

Programa Falamos secundaria 2023 no outono

Actividade dirixida aos centros de ensino de secundaria

Programa Falamos de dinamización lingüística para os IES da cidade no outono de 2023

O programa de dinamización lingüística "Falamos" pretende promover a interacción entre a escola e a súa contorna para facer máis rendibles os recursos e os esforzos deses dous ámbitos en prol da normalización do galego.

Normalización Lingüística ten establecida, entre as súas funcións, a de realizar diferentes programas de dinamización lingüística para avanzarmos na normalización social do galego, entre os que se atopa o programa Falamos secundaria.

OBXECTIVOS:

  • Promover e fomentar a utilización da lingua galega nos centros de educación secundaria da Coruña.
  • Asegurar a galeguización de todos os niveis do sistema educativo, tanto no ámbito docente coma no das relacións interpersoais entre os distintos membros da comunidade educativa.
  • Garantir que os produtos de máxima difusión e demanda poidan chegar en galego á sociedade galega.
  • Estimular nas xeracións máis novas actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado da lingua galega.
  • Superar vellos prexuízos, presións globalizadoras e inercias negativas.
  • Procurar espazos de uso e de lecer en lingua galega que sexan de calidade para o alumnado dos centros de ensino da nosa cidade.

Co fin de conseguirmos estes fins no outono imos desenvolver as seguintes actividades para os IES públicos municipais (ata esgotárense as prazas):

  • Charla-concerto "Popsía", de Fran Amil, dirixida ao alumnado de secundaria (cursos 3.º e 4.º da ESO e 1.º e 2.º de bacharelato) o mércores 25 de outubro das 12.00 ás 13.00 h, aproximadamente
  • Concerto da Banda AldaoLado, dirixida ao alumnado de secundaria (cursos 3.º e 4.º da ESO e 1.º e 2.º de bacharelato) o mércores 15 de novembro das 12.00 ás 13.00 h, aproximadamente

As actividades son de balde e realizaranse no auditorio do Centro Ágora para 330 persoas dos centros que as demanden (por orde de inscrición). O transporte, se for preciso, corre por conta dos centros.

As solicitudes de inscricións realizaranas os centros interesados a través de Coruña Educa na ficha de inscrición dende o día 9 de outubro ata que se esgoten as prazas.

Deberannos indicar o número de alumnado e de profesorado acompañante, cun máximo de 60 persoas por cada centro. Confirmaráselles a inscrición aos centros por orde de solicitude ata que se complete a capacidade do auditorio. A actividade é de balde. O transporte para asistir a ela é por conta dos centros. Pídese que se estea no Centro Ágora con 20 minutos de antelación.

Popsía é o novo proxecto musical de Fran Amil. Pop, soul, rock, funky e outros ritmos en mestizaxe coas raíces da música galega. Isto é "Popsía", o novo disco co que Fran Amil quere achegar os clásicos da lírica galega de todos os tempos á mocidade do século XXI. Válese dun animoso ton de xúbilo que sorprende en moitos dos temas, algúns mesmo tradicionalmente tan pouco ligados ao alborozo como "Negra sombra". Mendiño, Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Amado Carballo, Avilés de Taramancos, Antón Tovar, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, Afonso X O Sabio e Valle-Inclán soan brillantes e como non o fixeran ata o de agora.

A Banda AldaoLado está formada polas poetas Lucía Aldao e María Lado e polas músicas Violeta Mosquera na batería, Macarena Montesinos no baixo e Rubén Abad na guitarra. En 2019 Aldaolado centráronse en compoñer cancións con letra e música propia, temas que inclúen poemas da súa autoría. Así chegaron a xuntar un bo feixe de pezas que recolleron en dous discos de estudio. O primeiro deles, 'CASA!', foi publicado en 2021. Este 2023 presentaron 'Forestal', o seu segundo traballo en formato banda, unha proposta máis expansiva para vestir as creacións das dúas poetas con novas texturas e acompañamentos sen ter que renunciar á proximidade de sempre.

Máis información en https://www.coruna.gal/lingua/gl/novas e a través de inscricionslingua@coruna.es 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras pola/s que desexas buscar nas nosas actividades

Tamén podes revisar a nosa axenda de actividades

Próximas inscricións

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 17.00 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • “Son animal”, de Paco Nogueiras, ás 18.30 h

    Cando:

    07/05/2024

    Horario:

    18.30 horas 

    Inscricións:

    Dende o 03/05/2024 ata o 07/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

  • "Un conto ao revés", de Chuches Amil, ás 17.00 h

    Cando:

    14/05/2024

    Horario:

    17.00 horas 

    Inscricións:

    Dende o 10/05/2024 ata o 14/05/2024

    A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 3 a 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. 

    Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas. Pídese puntualidade.

    Enderezo:

    Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Próximas inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión