20 de enero de 2024
A alcaldesa da Coruña e o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación destacaron o traballo que se leva a cabo nos mercados municipais, “piares fundamentais en termos socioeconómicos para a nosa cidade”
A alcaldesa, Inés Rey, e o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, visitaron esta mañá o mercado municipal Eusebio da Guarda, na praza de Lugo, onde conversaron e compartiron impresións cos comerciantes para coñecer polo miúdo o seu inicio de ano tras a campaña de Nadal.
No seu percorrido polo mercado, Rey e Planas resaltaron a importancia do comercio de proximidade "á hora de vertebrar e sustentar a economía da Coruña" -subliñou a rexedora-, e coincidiron en destacar a calidade do produto local e o traballo que levan a cabo as e os praceiros dos mercados municipais, "piares fundamentais en termos socioeconómicos para a nosa cidade", agregou Rey.
Ademais, a alcaldesa e o ministro fixeron fincapé no impacto da Lonxa da Coruña, unha instalación fundamental para o desenvolvemento da actividade económica do sector pesqueiro herculino. Cómpre lembrar que a lonxa coruñesa é líder na descarga de peixe fresco: nos peiraos da cidade descárganse, cada ano, unhas 33.000 toneladas, cun valor de produto estimado en máis de 60 millóns de euros.
Neste sentido, tanto a Lonxa como diversas peixarías, restaurantes e distribuidores asociados ao sector pesqueiro coruñés contan co selo de orixe 'Peixe da Lonxa da Coruña', un distintivo que distingue aos peixes e mariscos que chegan ao porto da cidade.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible