Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mercados coruñeses, o valor do noso

Marisco nun posto dun dos mercados

Os mercados municipais e prazas de abastos da Coruña son moito máis que espazos de compra: son a alma viva dos barrios, puntos de encontro onde tradición e calidade danse a man cada día. Aquí, o produto local e fresco é o verdadeiro protagonista: carnes seleccionadas, peixes e mariscos recentemente chegados da Lonxa da Coruña, froitas e verduras de tempada, pan de obradoiro, queixos artesáns e unha ampla variedade de produtos que reflicten a riqueza gastronómica da nosa cidade.

Pero os mercados coruñeses non só distínguense pola excelencia da súa oferta alimentaria. Nas súas instalacións conviven tamén outros servizos que dan resposta ás necesidades do día a día: tendas de lambetadas, artigos de uso diario, reparación de calzado, florerías, cafeterías onde facer unha pausa ou comezar a mañá cun bo café... Todo iso nun ambiente próximo, coa atención personalizada de profesionais de confianza que coñecen á súa clientela de toda a vida.

Desde os históricos mercados do centro ata os máis modernos nos barrios, cada praza de abastos ten o seu carácter propio, a súa historia e a súa comunidade. Este percorrido polos mercados da Coruña é unha invitación para descubrilos un a un, a gozar dos seus sabores, o seu trato próximo e o valor do auténtico. ¡O valor do noso!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Contacto

  • Concello da Coruña
  • Centro Municipal de Emprego. estrada dos Fortes, 16 (subida ao monte de San Pedro). 15011 A Coruña
  • Teléfono: 981 184 399, ou desde o teléfono de atención cidadá 010
  • Correo electrónico: mercadosmunicipales@coruna.gal
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión