Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Luís Seoane. Loita antifascista a punta de lapis.

“Luís Seoane. Loita antifascista a punta de lapis”, unha exposición sobre o álbum das “13 estampas da traizón” de Luís Seoane e conferencia de Pepe Barro.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 13/07/2026 hasta el 18/07/2026

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

de balde 

Contacto:

agra@galizacultura.gal 

A Asociación veciñal Agra expón as táboas sobre as que reproduciu o álbum de Luís Seoane "13 estampas de la traición", coa colaboración da Fundación Luís Seoane e unha axuda económica da Deputación da Coruña.

Partícipe do movemento memorialista, a asociación Agra organiza esta mostra para alentar a conciencia e memoria democrática. Hai 90 anos do golpe de estado de 1936. Os sublevados fracasaron no seu intento de dominar todo o estado, mais en vez de renunciar ao seu asalto violento optaron por levar a cabo unha guerra que coa axuda dos exércitos de Hitler e Mussolini terminou coa construción dunha ditadura fascista que durante case catro décadas foi responsable de terribles violacións de dereitos humanos.

As secuelas daquel réxime terrible inda campan na actualidade: hai milleiros de persoas desaparecidas pola violencia dos fascistas, miles de propiedades que non regresaron aos donos/as lexítimos/as e monumentos e viarios que celebran a victoria dos tres exércitos fascistas e enaltecen quen participaron do golpe ou se beneficiaron del e da falta de liberdades. En tempos en que a democracia e as liberdades están ameazadas pola sombra renovada do fascismo é especialmente importante mostrar públicamente o rexeitamento a formas de intolerancia e reafirmar o compromiso coas diversidades políticas e rexeitar firmemente os intentos por restrinxir dereitos fundamentais.

Trece estampas de la traiciónFoi o primeiro álbum de debuxos de Luís Seoane; foi editado en 1937, cando Seoane tiña 27 anos, meses despois de que comezase o seu exilio en Bos Aires, a cidade que o vira nacer. Este álbum formou parte das diversas publicacións que integraron a campaña de propaganda no exterior levadas a cabo polo goberno español.

"Nos trece debuxos que compoñen o álbum, catorce incluíndo a portada, Seoane pon de manifesto a inmoralidade do conflicto e os horrores da represión fascista, sinalando aos seus principais responsables, con Franco á cabeza, e denunciando os sufrimentos e as inxustizas infrinxidas á poboación civil." (parágrafo recollido na web da Fundacón Luís Seoane: https://fundacionluisseoane.gal/.../trece-estampas-de-la.../)

Conferencia de Pepe Barro o xoves 16 de xullo ás 19 h na aula 9.

A exposición compleméntase coa conferencia Xestualidade e dramatismo das "13 estampas da traizón" de Xosé María Pérez Barro, deseñador, ilustrador e escritor galego coñecido como Pepe Barro.

Exposición e conferencia, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Prezo: de balde

Organizadora: Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión