Concello da Coruña

Concello da Coruña

AMDTC

Alta e modificación de datos da Tarxeta Cidadá. Tarxeta Millennium

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Certificados, Axudas, becas e subvencións

Materia:

Transporte, Sector público

Órgano responsable:

Mobilidade

Vixente:

Si

Tarxeta Millennium

A través deste procedemento poderá solicitar a alta e modificación de datos da Tarxeta Cidadá.

Existen varias modalidades de Tarxeta Millennium:

  1. Tarxeta Millennium Xeral
  2. Tarxeta Millennium Social (persoas desempregadas, pensionistas, xubilados/as, persoas con diversidade funcional, escolar e menores de 13 anos)
  3. Tarxeta Millennium Universitaria

Alta e modificación de datos da Tarxeta Cidadá. Tarxeta Millennium

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas estean ou non empadroadas no Concello da Coruña.

No suposto de menores de idade, o contrato debe ser asinado polo pai, nai ou titor/a legal.

Requisitos:

Aboar a taxa correspondente por expedición ou duplicado, se é o caso.

Prezo / Custo:

  • A expedición por primeira vez da tarxeta require aboar unha taxa de 3 euros para as persoas empadroadas no Concello da coruña e de 7 euros para as non empadroadas.
  • A expedición dun duplicado é gratuíta no caso de deterioración técnica da tarxeta (sen responsabilidade da persoa usuaria), e para os supostos de roubo, perda ou extravío deberase aboar a taxa de 7 euros.

Órgano que resolve:

Titular da Concellaría delegada de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade

Máis información:

Servizos:

A tarxeta consta de dous moedeiros diferentes e independentes:

  • Moedeiro Transportes:
    • Actualmente, está habilitado para o pagameto do billete de transporte urbano e proximamente, tamén se poderá utilizar no transporte metropolitano.
    • Este moedeiro pódese cargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 60 euros.
  • Moedeiro Servizos Municipais:
    • Actualmente, utilízase para acceder aos servizos das Bibliotecas Municipais (como carné de socio) e ao servizo Bicicoruña.
    • En breve, poderase utilizar para pagar e acceder ás instalacións deportivas municipais, para pagar a entrada dos museo municipais e para pagar en aparcadoiros públicos.
    • O moedeiro pódese cargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 180 euros.

Normas de utilización:

  • Pódese recargar ou consultar os movementos da tarxeta nos caixeiros automáticos, nos terminais pay-cash que hai dentro das oficinas de Abanca (ten a vantaxe de poder recargar a tarxeta con diñeiro en efectivo) e en calquera oficina da devandita entidade financeira.
  • A tarxeta pódese cargar cun límite mínimo de 5 euros e máximo de 60 euros para o moedeiro de transportes e de 180 para o moedeiro de servizos.
  • A carga do moedeiro non poderá efectuarse ata o día seguinte á súa obtención, podendo ao mesmo tempo trasladar o saldo, se o houber, do vello cartón á nova e obter a fianza depositada coa entrega da antiga.
  • Os importes cargados no moedeiro de transporte da tarxeta non poderán ser reclamados, traspasados nin serán devoltos no caso de que non fosen utilizados polo titular.
  • O titular poderá cancelar o contrato no momento que estime oportuno, debendo entregar a tarxeta. Unha vez tramitada a baixa e entregada a mesma, poderá solicitar a devolución do saldo almacenado e non utilizado do moedeiro de servizos.
  • Nos casos de perda, subtracción ou uso por terceiros distintos do titular da tarxeta, este asume a perda do importe co que se atope cargada a mesma.
  • O titular poderá traspasar a totalidade ou parte do saldo que en cada momento teña almacenado no moedeiro de servizos ao moedeiro de transporte; con todo, non será posible traspasalo do moedeiro transporte ao moedeiro de servizos.

A Tarxeta Millennium é Nominativa, para realizar calquera trámite en nome doutra persoa que non sexa o titular da tarxeta, é necesario unha autorización acompañada do DNI tanto do autorizado como do que autoriza (impresos de autorizacion dispoñible en calquera das nosas dependencias da Tarxeta Millennium).

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo

Documentación necesaria:

  • Contrato de solicitude: contrato de solicitude debidamente cuberto e asinado.
  • Taxas de solicitude: xustificante do aboamento.
  • Acreditación orixinal da identidade ou de representación.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, nai ou titor/a legal, deben achegar o da persoa interesada, se dispón del).
  • Aboar a taxa establecida.
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, nai ou titor/a legal.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral. Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática, se vostede debese presentar máis documentación para achegar á solicitude, deberá ter preparados os ficheiros que necesite segundo está especificado no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.
  • Pode realizar o pagamento en liña das taxas da tarxeta Millenium. Este procedemento require que vostede dispoña dun certificado dixital válido.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc.).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e as actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

30 días

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

Contra este acto , que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que o tivese ditado nun prazo DUN MES, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo que por quenda corresponda, no prazo de DOUS MESES; en ambos os casos, o prazo que se di contarase a partir do día seguinte ao da data de recepción da presente notificación ( art. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.; e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). Se opta pola interposición do recurso de reposición advírteselle:

-Que non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa ou desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

-Que unha vez que transcorra o prazo dun mes, desde a súa presentación, sen que se notificase a resolución entenderase desestimado, para os efectos de interpoñer o recurso contencioso-administrativo.

-Que contra resolución do recurso de reposición poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante o órgano da Xurisdición Contencioso-Administrativa antes citado, no prazo de DOUS MESES, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa notificación, se fose expresa e, se non o fose, no prazo de SEIS MESES, que se contarán a partir do día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta.

Todo iso sen prexuízo do seu dereito para interpoñer calquera outro recurso que se estime procedente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión