Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de diciembre de 2019

Benestar Social activará mañá á noite o dispositivo para persoas sen fogar por mor da alerta vermella

A iniciativa, que o Concello puxo en marcha por primeira vez no mes de novembro, permítelles pernoctar nunha dependencia municipal

Seguridade Cidadá alerta de que mañá ás 15.00 horas dará comezo na cidade un fenómeno meteorolóxico de nivel vermello con ventos de forza 8 a 10 que se estenderá ata as 04.00 h do día 22 de decembro con refachos de vento que poderán chegar ata os 140 km/h.

Como consecuencia destas condicións meteorolóxicas durante a xornada de mañá permanecerán pechados a Torre de Hércules e o CIAV. Ademais, desde o Servizo Municipal de Deportes informan que se pecharán todos os campos municipais de fútbol (Cidade Deportiva da Torre, Campos de San Pedro, Campo Grela-1, Campo Leyma e Campo da Zapateira, frontón da Torre e Campo Municipal de Golf). Deste xeito, suspéndense todas as actividades que estaban previstas para o sábado nas devanditas instalacións deportivas.

Por outra banda, a Concellería de Benestar Social anuncia que mañá á noite activarase o dispositivo para persoas sen fogar por mor desta alerta vermella. A partir das 21 h do sábado e ata as 09.00 h do domingo porase en marcha este protocolo para darlles acubillo aos sen teito e que consiste na apertura do Centro Cívico dos Mallos durante a noite para que as persoas sen fogar poidan cear e refuxiarse. O SEMUS e a Policía Local colaboran para facer as rutas que xa comezarán pola tarde e deste xeito localizar as persoas que durmen na rúa para informalas da existencia deste servizo do Concello e trasladalas de forma voluntaria ao centro cívico municipal onde poderán pernoitar e comer.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión