Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de marzo de 2020

O Goberno local incorpora 38 policías locais para mellorar a seguridade na cidade

Lage Tuñas: “Estamos tomando decisións para reforzar o corpo da Policía Local, despois de moitos anos sen que se renovase a plantilla deste servizo municipal”

O voceiro do Goberno Local, José Manuel Lage, anunciou hoxe, no pleno da Corporación, que o concello incorporará este ano 38 policías locais co fin de mellorar a seguridade cidadá. "Estamos tomando decisións para reforzar o corpo da Policía Local, despois de moitos anos sen que se renovase o cadro de persoal deste servizo municipal". O concelleiro de Economía e Facenda anunciou que "o próximo 10 de marzo outros/as sete axentes entrarán en servizo, tamén como funcionarios/as de carreira tras o período de prácticas, e o vindeiro 12 de marzo comezarán o seu período formativo outros/as 23 axentes que entrarán na academia e que estarán traballando nas rúas da cidade este verán."

Este anuncio enmárcase na súa previsión de mobilizar 413 prazas de traballadores e traballadoras municipais entre este ano e o vindeiro. Lage asegura que preto da metade destas prazas serán de nova creación, polo que o cadro de persoal municipal ampliarase nunhas duascentas persoas. A metade restante corresponderase con procesos de promoción interna, abertos a persoas que xa son traballadoras públicas. Dos 38 novos policías que se incorporarán en 2020, oito destes novos axentes comezaron a súa andaina municipal no pasado mes de xaneiro como funcionarios de carreira na Policía Local, despois de pasar nos últimos meses o seu período de prácticas na Academia Galega de Seguridade Pública.

"Neste ano 2020 este Goberno Local aumentará en 38 axentes os efectivos da Policía Local, máis dun 10% do cadro de persoal total, o que evidencia o compromiso do Goberno Local de Inés Rey coa seguridade desta cidade", explicou Lage Tuñas no pleno, recordando que A Coruña ten uns indicadores de criminalidade por debaixo da media nacional e moi lonxe dos que teñen outras grandes cidades, mais que se queren seguir a mellorar. A cidade rexistra 42,26 delitos por cada mil habitantes, a terceira parte dos reflectidos pola estatística en Barcelona e a metade dos rexistrados en Madrid, e tres puntos menos da media estatal. "Prometemos o  pasado setembro que íamos reforzar o corpo da Policía Local con novas incorporacións e hoxe, xa en 2020, podemos asegurar que non son palabras senón feitos".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión