28 de mayo de 2025
A redacción da ordenanza atendeu ás achegas formuladas pola cidadanía na consulta pública aberta polo Concello
Este mércores, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto da ordenanza de uso das praias da cidade, un novo marco normativo co que o Concello busca facer compatible o uso e disfrute das praias coa seguridade das persoas usuarias e, en paralelo, o mantemento sostible e protección natural dos areais.
Un dos aspectos clave da ordenanza é a prohibición de altofalantes nas praias sempre que resulten molestos, unha medida que, como precisou a alcaldesa, Inés Rey, "vén derivada das incomodidades que producen ás persoas usuarias e, ademais, porque o ruído dos altofalantes pode interferir nas recomendacións de seguridade e nos avisos de alarma que emite a megafonía do persoal de salvamento".
O texto tamén estipula a prohibición de cans nas praias entre o 1 de xuño e 30 de setembro, excepto na cala canina de Bens. Si se autorizaría a presencia de cans de salvamento, auxiliares ou de asistencia, como os que axudan a persoas invidentes. Ademais, tamén se prevé, a futuro, a posibilidade de que o Concello defina áreas de esparexemento canino temporais ou permanentes nas praias.
Por outra banda, na tempada de baño está previsto que se permitan as actividades de deporte, sempre e cando se leven a cabo a un mínimo de 10 metros das persoas usuarias. "O Concello poderá habilitar zonas específicas nas praias para a práctica de xogos e deporte se o ve oportuno", precisou a alcaldesa.
Ademais, con esta ordenanza ábrese a posibilidade de declarar zonas sen fume.
A alcaldesa lembrou que o texto da ordenanza contou coas aportacións da consulta pública aberta o ano pasado polo Concello para recoller as achegas da cidadanía. Recibíronse un cento de suxestións, que se tiveron en conta para formular esta nova normativa.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible