Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campaña de vixilancia e control de camións e autobuses

DO 13 AO 19 DE FEBREIRO DO 2023

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/02/2023 ata o 19/02/2023

Xa rematou

FINALIDADE

A motivación desta campaña é que a pesar de que o 68 % do parque de vehículos no noso país son turismos, o transporte de mercadorías (camións e furgonetas) ten un peso importante na seguridade viaria, xa que representa o segundo tipo de vehículo máis numeroso que circula polas nosas estradas (14 % do total do parque) e están implicados no 16 % dos accidentes con vítimas. O parque de autobuses representa ao redor do 0,2 % do total do parque automobilístico, estando implicados no 2 % dos accidentes con vítimas.

Este dato, unido a un maior índice de letalidade no caso de accidentes con vehículos de mercadorías de máis de 3.500 kg, leva á Dirección Xeral de Tráfico a poñer en marcha, entre os días 13 e 19 de febreiro de 2023, unha nova campaña de vixilancia e control de camións e autobuses.

Durante esa semana, os axentes da Policía Local da Coruña, controlarán autobuses e todo tipo de camións, independentemente do país no que estean matriculados, incidindo a vixilancia e control en aspectos como a velocidade á que circulan, as horas de condución e descanso, o tacógrafo, o exceso de peso, os defectos técnicos do vehículo, a seguridade da carga transportada, a documentación do vehículo e do condutor, o uso do cinto de seguridade por parte do condutor e dos ocupantes, a condución baixo os efectos do alcohol ou outras drogas, a utilización do teléfono móbil etc.

MEDIDAS QUE AXUDAN A REDUCIR A ACCIDENTALIDADE

-Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria do transporte por estrada a Dirección Xeral de Tráfico comunica á Dirección Xeral de Transporte Terrestre as sancións cometidas por condutores profesionais reincidentes para que realice as investigacións pertinentes sobre as empresas para a que traballan e estudar a posibilidade de que as empresas que incorran nas faltas máis graves perdan a capacidade para operar no mercado.

-Os radares discriminan por tipo de vehículo que cometeu a infracción, co fin de sancionar en función da limitación específica aplicable a cada un.

- Desde xaneiro de 2019, a velocidade nas estradas convencionais é de 90 km/h, aínda que para camións e autobuses, entre outros vehículos, teñen outros límites:

  • 90 km/h para camións, tractocamións, furgonetas, autocaravanas de MMA superior a 3500 kg., vehículos articulados, automóbiles con remolque e resto de vehículos por autoestrada e autovía.
  • 80 km/h para camións, tractocamións, furgonetas, autocaravanas de MMA superior a 3500 kg., vehículos articulados, automóbiles con remolque e resto de vehículos por estrada convencional.
  • 100 km/h para autobuses, vehículos derivados de turismo e vehículos mixtos adaptables por autoestrada e autovía.
  • 90 km/h para autobuses, vehículos derivados de turismo e vehículos mixtos adaptables por estrada convencional.

-Sinal V-23 de dispositivo reflector para vehículos de transporte de marcado de contorna e que permite unha mellor visualización destes vehículos, cuxa instalación é obrigatoria para vehículos con peso máximo superior a 7,5 Tm e de máis de 6 m de longo e 2,1 m de ancho, así como remolques e semirremolques de peso máximo superior a 3,5Tm, matriculados desde o 10 de xullo de 2011. As características técnicas e de colocación están recollidas no anexo XI do Regulamento Xeral de Vehículos.

-Tamén axuda que cando o resto de condutores de vehículos vaian realizar o adiantamento a un camión ou a un bus, realicen tal manobra de modo correcto sen obrigarlles tanto a estes vehículos como ao resto de usuarios a modificar a súa traxectoria ou velocidade.

SITUACIÓN EN GALICIA

Esta campaña ten unha especial incidencia en Galicia polo volume de liñas de transporte regular de viaxeiros, transporte escolar e de mercadorías que diariamente circulan polas estradas da Comunidade. Segundo os datos do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a xaneiro deste ano en Galicia hai 15.765 empresas autorizadas para realizar ambos os tipos de transporte, maioritariamente loxísticas de mercadorías.

Só en Galicia o transporte público de viaxeiros move 2,5 millóns de viaxeiros ao mes, ao que habería que sumar os viaxeiros de buses urbanos, rutas escolares e transporte discreccional, o que elevaría significativamente esta cifra.

En 2022 en Galicia faleceron tres persoas en tres accidentes relacionados con camións (en Ourense: 2 falecidos en 2 sinistros en camións de máis de 3500 kg, e en Lugo: 1 falecido en 1 sinistro nun camión inferior a 3500 kg) e sete persoas nun accidente de autobús producido na provincia de Pontevedra.

RESULTADOS CONCELLO A Coruña - CAMPAÑA DO 12/10/2020 Ao 18/10/2020

- Total de vehículos controlados: 69 (68 nacionais e un estranxeiro).

  • 1 denuncia por non utilizar o condutor o cinto de seguridade.
  • 2 denuncia por ITV.
  • 2 denuncias por carecer de autorización para realizar o transporte.
  • 1 denuncia por non levar no vehículo e ter caducado o certificado de conformidade ATP (temperatura regulada).

RESULTADOS CONCELLO A Coruña - CAMPAÑA DO 08/02/2020 Ao 14/02/2020

- Total de vehículos controlados: 31

  • 1 denuncia por motivos diferentes aos de transporte.

RESULTADOS CONCELLO A Coruña - CAMPAÑA DO 11/10/2021 Ao 17/10/2021

- Total de vehículos controlados: 120

  • 3 denuncias por infraccións de documentación.

RESULTADOS CONCELLO A Coruña - CAMPAÑA DO 07/02/2022 Ao 13/02/2022

- Total de vehículos controlados: 87

  • 3 denuncias por ITV.
  • 1 denuncia por infracción relativa ao vehículo.
  • 3 denuncias por infraccións relativas ao cargador/transportista.

RESULTADOS CONCELLO A Coruña - CAMPAÑA DO 13/06/2022 Ao 19/06/2022

- Total de vehículos controlados: 61

- Total denuncias: 8

  • 1 denuncia por ITV.
  • 1 denuncia por mala estiba da carga.
  • 1 denuncia por exceso de peso.
  • 5 denuncias por outras infraccións (autorización de transporte, CAP...).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión