Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campaña de vixilancia e control de condicións do vehículo

Do 20 ao 26 de xaneiro de 2020

Cando:

Dende o 20/01/2020 ata o 26/01/2020

Este evento xa rematou

FINALIDADE

Colaboración con DXT nesta campaña mediante a realización de controis diarios, tanto estáticos como dinámicos, e en todas as quendas de traballo, co fin de verificar diversas cuestións relacionadas coas condicións de seguridade dos vehículos que poden afectar á seguridade viaria.

DE INTERESE...

O progresivo envellecemento do parque automobilístico supón un factor de risco ao carecer este dos sistemas e equipamentos de seguridade implantados recentemente, ademais dos problemas derivados do seu uso.

Por ofrecer algúns datos, a antigüidade media dos turismos en España é de 10,9 anos, a de motocicletas de 9,7 anos e 12,3 anos a de camións e furgonetas.

O risco de falecer ou resultar ferido grave multiplícase por dous ao comparar os accidentes ocorridos con vehículos de 10 a 15 anos de antigüidade, en relación con vehículos de menos de 5 anos. Polo tanto, o mantemento adecuado de todos os elementos de seguridade do vehículo (pneumáticos,freos, luces e sinalización etc.) convértese nunha actividade totalmente imprescindible para combater a sinistralidade.

ELEMENTOS DE SEGURIDADE QUE HAI QUE CONTROLAR

1. PNEUMÁTICOS

Constitúen o único e decisivo contacto coa estrada. Son os encargados de asegurar a adherencia no empuxe, na freada e no deslizamento lateral, a dirección do percorrido do vehículo desexada pola persoa usuaria e a amortiguación das imperfeccións do pavimento. O seu adecuado mantemento e a correcta utilización son fundamentais para lograr unha maior seguridade viaria. Aproximadamente un 5% dos vehículos, máis dun millón, circulan con defectos graves nas rodas, principalmente por:

- Levar unha profundidade do debuxo por baixo do mínimo legal de 1,6 mm.

- Ter un desgaste irregular debido a unha mala suspensión ou unha aliñación incorrecta.

- Circular cunha presión errónea.

Segundo un estudo recente do RACE, os defectos nos pneumáticos son a causa do "aumento nas saídas da vía", que en 2016 supuxeron o 33% dos accidentes na estrada, e o 22% das persoas feridas hospitalizadas.

2. ILUMINACIÓN E SINALIZACIÓN

Unha primeira finalidade das luces dos vehículos é a de VER, pero, non se pode esquecer, que cada vehículo en circulación é, na práctica, un obstáculo para os demais. Por iso é moi importante que poida ser percibido, delimitando a situación do vehículo, é dicir, debe SER VISTO. Esta importancia que ten a iluminación dos vehículos para tratar de que a circulación sexa o menos perigosa posible, aconsella prestar unha especial atención á utilización, mantemento e regulación do sistema de iluminación e sinalización.

Utilización da iluminación

Artigo 43 LSV. Uso obrigatorio

1. Os vehículos que circulen entre a posta e a saída do sol, ou a calquera hora do día nos túneles e demais tramos de vía afectados pola sinal túnel, deben levar acendida a iluminación que corresponda, nos termos que regulamentariamente se determine.

2. Tamén deben levar aceso durante o resto do día a iluminación que regulamentariamente se estableza:

a) As motocicletas

b) Os vehículos que circulen por un carril reversible ou en sentido contrario ao normalmente utilizado na calzada onde se atope situado, ben sexa un carril que lles estea exclusivamente reservado ou ben aberto excepcionalmente á circulación no dito sentido.

3. Tamén é obrigatorio utilizar a iluminación que regulamentariamente se estableza cando existan condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente a visibilidade, como en caso de néboa, choiva intensa, nevada, nubes de fume ou de po ou calquera outra circunstancia análoga.

4. As bicicletas, ademais, estarán dotadas de elementos reflectores homologados que regulamentariamente se determine. Cando circule por vía interurbana e sexa obrigatorio o uso de iluminación, a persoa condutora de bicicleta debe levar colocada, ademais, algunha peza ou elemento reflectora.

Así mesmo, os camións matriculados a partir do 10 de xullo de 2011, de acordo co establecido na OM PRE 52/2010, están suxeitos á obrigatoriedade de uso do sinal V-23 de dispositivo reflector de contorno.

Estímase que a aplicación da medida poderá reducir nun 30% os accidentes nos que se vexan implicados.

3. PLACAS DE MATRÍCULA

Deben ser perfectamente lexibles e non estar deterioradas. A persoa condutora deberá verificar que as placas de matrícula do vehículo non presentan obstáculos que impidan ou dificulten a súa lectura e identificación, tal e como recolle o artigo 10.2 da Lei de seguridade viaria. A infracción recóllese no artigo 76.P do mesmo texto normativo e está cualificada como grave.

O Regulamento xeral de vehículos, no seu artigo 25, detalla "que se denunciarán por este precepto os supostos de circulación sen placas de matrícula e de placas non visibles ou lexibles".

A dita infracción leva unha denuncia que se traduce nunha multa de 200 euros (100 euros se é reducida). Levar a matrícula ilexible é unha infracción grave, pero non supón perda de puntos. Doutra banda, manipular a placa de matrícula pode levar unha multa de 6.000 euros e a perda de 6 puntos.

4. DOCUMENTACIÓN DO VEHÍCULO

A documentación do vehículo que se deberá levar obrigatoriamente, á marxe do preceptivo permiso de conducir, é a seguinte:

· Permiso de circulación do vehículo no que figuran os seus datos técnicos e os datos do seu ou a súa propietaria (ou unha autorización da Xefatura de Tráfico na súa ausencia).

· Tarxeta ITV e último informe (se é o caso) e adhesivo correspondente, visible no ángulo superior dereito do parabrisas dianteiro (interior del) no caso de turismos.

PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO INFORME DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE ENTIDADES COLABORADORAS DA ADMINISTRACIÓN NA INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS (AECA-ITV). ANO 2018

- No ano 2016, as estacións de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) españolas levaron a cabo a revisión de 25 millóns vehículos.

- O 16,13% (máis de 4 millóns) dos vehículos inspeccionados non superaron a primeira inspección obrigatoria, ao presentar, polo menos, un defecto técnico grave, isto supón que case un de cada cinco vehículos foi rexeitado por non reunir as condicións mínimas de seguridade ou por emitir á atmosfera emisións contaminantes e nocivas superiores ao permitido por lei. Esta taxa de rexeitamento obedece a que durante as inspeccións detectáronse ata un total de 23.888.560 defectos, dos cales 6.886.276 eran graves (aqueles que automaticamente imposibilitan que un vehículo poida superar a inspección técnica).

- Os defectos graves máis comúns foron os de iluminación e sinalización (24,1%); eixes, pneumáticos e suspensións (21,7%); os relativos a freos (14,7%); e por exceso de emisións contaminantes (13,3%).

- Os vehículos con maior taxa de rexeitamento son os camións (26,6%).

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 17/07/17 AO 23/07/17

- Vehículos controlados: 396

- Vehículos denunciados: 14, dos cales:

2 motocicletas

8 turismos

4 furgón/furgoneta

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 15/01/17 AO 21/01/17

305 vehículos controlados, dos cales:

  • 198 turismos
  • 32 ciclomotores ou motocicletas
  • 18 autobuses
  • 57 vehículos de mercadorías

25 vehículos denunciados, dos cales:

  • 19 turismos (27 denuncias)
  • 1 motocicleta (1 denuncia)
  • 5 vehículos de mercadorías (6 denuncias)

34 denuncias realizadas, das cales:

  • 23 por ITV
  • 10 por carecer de seguro
  • 1 por carecer de permiso de circulación

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 11/11/19 AO 17/11/19

207 vehículos controlados, dos cales:

  • 119 turismos
  • 20 motocicletas/ciclomotores
  • 5 autobuses
  • 63 vehículos de transporte de mercadorías

14 denuncias, das cales:

  • 12 denuncias relativas a documentación de turismos (ITV/seguro)
  • 1 denuncia relativas a documentación de motocicletas/ciclomotores (ITV/seguro)
  • 1 denuncia relativa a sistema de freado de ciclomotor

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 20/01/2020 AO 26/01/2020

- Vehículos controlados:

1.238 turismos

42 motocicletas e ciclomotores

18 autobuses

132 vehículos de mercadorías

-Denuncias: 27, das cales:

21 (ITV)

6 (seguro)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión