Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de marzo de 2021

Inés Rey: “Os corpos de seguridade estiveron á altura nunhas circunstancias sen precedentes”

A alcaldesa asistiu esta mañá ao acto de entrega das Medallas de Protección Civil 2020 na Delegación do Goberno para lles agradecer ás persoas condecoradas a súa contribución a que, durante a crise sanitaria, as necesidades de seguridade e saúde da veciñanza se cubrisen “cunha vontade e espírito de servizo intachables”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asistiu esta mañá ao acto de entrega das Medallas de Protección Civil en Galicia 2020 na sede da Delegación do Goberno xunto co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e as e os subdelegados do Goberno na comunidade.

As condecoracións entregadas hoxe recoñecían o labor e a boa práctica de nove profesionais de agrupacións de voluntarios de Protección Civil e da Garda Civil, da Policía Nacional e tamén da Policía Local de Lugo. A alcaldesa felicitou as persoas condecoradas "en nome da cidade e con elas a todas as persoas que, desde as agrupacións de voluntarios de Protección Civil máis pequenas ata os membros dos operativos de seguridade cidadá máis complexos, contribuíron, nun ano tan particular como o que agora se cumpre, a que as necesidades de seguridade e saúde da cidadanía se cubrisen cunha vontade e espírito de servizo intachables".

Rey destacou o traballo das forzas e corpos de seguridade e os membros de Protección Civil na pandemia, que "estiveron á altura dunhas circunstancias sen precedentes, así como o persoal sanitario e as persoas traballadoras dos servizos esenciais, moitos de responsabilidade dos concellos".

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión