Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xuño de 2017

O Goberno local establece mañá un dispositivo especial de tráfico nos Cantóns co gallo da celebración do Gran Premio de Marcha

O desenvolvemento das distintas probas provocarán modificacións nos itinerarios das liñas 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 5, 7, 17, 23 e 23A

A Concellería de Mobilidade Sostible establece para mañá, sábado 3, un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración da XXXI edición do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña - Trofeo Sergio Vázquez, así como da proba popular de dous quilómetros cuxos beneficios irán á Cociña Económica. A competición, que se desenvolverá arredor dun circuíto de 1.000 metros entre a avenida da Mariña, o Cantón Pequeno e o Cantón Grande, comezará ás 18.30 horas para as participantes da categoría feminina, e ás 18.50 horas para os atletas da masculina; pero a actividade deportiva iniciarase desde primeira hora da tarde na zona, xa que a partir das 16.45 horas terán lugar distintas probas segundo as categorías e idades de participantes. Por este motivo, o Concello establecerá o corte total de tráfico nos Cantóns, desde a praza de Mina ata Ambrosio Feijóo, desde as 14.30 horas até as 21.00 horas, e non permitirá o estacionamento na rúa Entrexardíns. O dispositivo deseñado por Mobilidade Sostible manterá o xiro en Sánchez Bregua cara á rúa Juana de Vega, e o tráfico da avenida de Montoto, no sentido saída da cidade, desviarase por Ambrosio Feijóo e avenida do Porto.

En relación ao transporte público urbano, o desenvolvemento da proba provocará modificacións nos itinerarios das liñas de autobús 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 23 e 23A en sentido de circulación cara ao hospital Abente y Lago. Así, desde Praza de Ourense desviaranse pola avenida do Porto e túnel do Parrote cara á parada do Abente y Lago, onde se reincorporarán ao itinerario habitual.  No sentido de circulación cara a Praza de Ourense --desde o Abente y Lago--, desde o Rosalía incorporaranse por Ambrosio Feijóo á avenida do Porto e na praza de Ourense continuarán con normalidade pola súa ruta.

A proba tamén afectará ás liñas 3, 3A e 7. A liña 3A, en sentido de circulación cara aos Rosales, desde a altura do Teatro Rosalía incorporarase por Ambrosio Feijóo avenida do Porto, praza de Ourense, Juana de Vega e, na Praza de Pontevedra, ao seu itinerario habitual. Pola súa banda, as liñas 3 e 7 en sentido de circulación cara a Monte Alto, desde a Praza de Pontevedra circularán por San Andrés, rúa Alta, Paseo Marítimo, rúa Hospital, Campo da Leña, Orillamar e Paseo Marítimo. Na incorporación do Abente y Lago retomarán a súa ruta.  

Deste xeito, e durante o tempo que se manteña a proba deportiva, non estarán habilitadas as paradas do Obelisco (tanto cara a praza de Ourense, como cara a Porta Real, terán a parada alternativa na avenida do Porto, á altura do Kiosco Alfonso), Praza de Mina (en ambos sentidos, cuxa alternativa será a praza de Ourense), así como Porta Real, Dársena e Hotel Finisterre, que se desprazará ata Abente y Lago.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión