Concello da Coruña

Concello da Coruña

RESPPATR

Responsabilidade patrimonial por danos

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Responsabilidade patrimonial e outras solicitudes de indemnización

Materia:

Sector público

Vixente:

Si

Os particulares terán dereito a ser indemnizados polas administracións públicas correspondentes por toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, salvo nos casos de forza maior, sempre que a lesión sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos.

Responsabilidade patrimonial por danos

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoa interesada (persoa física ou xurídica prexudicada pola actuación/omisión da Administración), por si mesma ou a través de representante.

Requisitos:

Xerais

Na reclamación deberanse especificar as lesións producidas, a presunta relación de causalidade entre estas e o funcionamento do servizo público, a avaliación económica da responsabilidade patrimonial, se fose posible, e o momento en que a lesión efectivamente se produciu, e irá acompañada de cantas alegacións, documentos e informacións se estimen oportunos e da proposición de proba, concretando os medios de que pretenda valerse o/a reclamante.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior

Máis información:

  • A responsabilidade por danos pode esixirse cando se produzan accidentes como consecuencia do anormal funcionamento dun servizo público municipal (fochancas, sinais de tráfico, sumidoiros, beirarrúas, árbores etc.).
  • A responsabilidade abarca tanto os danos persoais como os materiais.
  • Para os efectos de poder ter éxito na reclamación é interesante dispoñer de testemuñas, a presenza dun/unha axente de policía e formular unha denuncia nas oficinas da Policía Local.
  • En todo caso, o dano alegado terá que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado con relación a unha persoa ou grupo de persoas.

Presentación

Prazo de presentación:

En todo caso, o dereito para reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo empezará a computarse desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas.

Documentación necesaria:

Solicitude xeral

Solicitude debidamente cuberta, indicando o lugar, data e hora do sinistro e se existen testemuñas ou presenza policial. No caso de que se solicite telematicamente a través desta sede electrónica, mediante o formulario web ao que se acceda.

Acreditación da representación

Documento que acredite a representación, de ser o caso.

Documentos xustificativos

Todos aqueles documentos que sirvan para acreditar os feitos, a relación de causalidade e os danos obxecto de reclamación.

  • Orzamento ou factura dos danos causados.
  • Copia da comparecencia - denuncia da Policía Local, no caso de que se formulase.

Outros

No caso de que se producisen danos persoais ademais, achegarase:

  • Parte médico relativo aos danos físicos, coa data e a hora en que se produciron.
  • Especificar na solicitude o motivo da solicitude de indemnización, facendo mención, se fose o caso, á perda de ingresos ou a unha posible invalidez transitoria ou permanente.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (121 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Todos os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria" desta páxina.

Como se fai?:

Solicite cita previa.

Acuda coa documentación necesaria. Preferentemente documentos orixinais. Seranlle devoltos, xa que a documentación escanéase na presentación.

Internet

Que se necesita?:

Certificado electrónico

Como se fai?:

Teña preparada no seu equipo toda a documentación que vaia presentar xunto coa solicitude.

Identifíquese ante a sede, ou ben mediante representante (nese caso deberá acreditar tal circunstancia), incorpore a documentación, proceda a asinar electronicamente o envío e finalice a presentación.

A continuación poderá descargar un xustificante da operación..

Páxina web:

Sede electrónica - Tramitación telemática

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación será de seis meses desde que se iniciase o procedemento.

E despóis?:

No caso de que o autorizase (persoas físicas) seralle notificado por vía telemática o resultado do procedemento no apartado correspondente da sede electrónica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión