ÁGORA - RÁFAGAS é un proxecto transversal e multidisciplinar que, ao fío da exposición de Gervasio Sánchez, "Sarajevo, guerra e paz", converterá o Centro Ágora nun espazo de reflexión, debate e creación arredor dos conflitos e a educación para a paz a partir do 24 de outubro.
Dende o 25/10/2012 ata o 06/01/2013
Xa rematou
. A exposición será o punto de partida arredor do que se articulan, agrupadas en bloques, todas as actividades que conforman o proxecto e que reunirán a expertos, estudosos e profesionais coa intención de reflexionar e xerar debate sobre o estado do noso mundo, implicando e facendo partícipe ao público de maneira activa:
- Exposición de Gervasio Sánchez. "Sarajevo, guerra e paz"
Do 25 de outubro/2012 ao 6 de xaneiro/2013
- Ráfagas de fotoperiodismo
24-27 de outubro/2012
- Xornadas sobre xornalismo ético e a ética na arte. A representación de conflitos nos medios e nos museos.
29 e 30 de novembro/2012
- Ráfagas de educación para a paz. A educación, unha vacina contra a guerra.
3 e 4 de decembro/2012
- 11.541 Rememorando Sarajevo. Arte para a reflexión.
Máis información e inscricións en www.rafagas.org
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible