Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dra. Adina Dumitru

Psicóloga ambiental, Universidade da Coruña.

É Doutora en Psicoloxía pola Universidade da Coruña, Investigadora Sénior e directora do seu Campus de Especialización na Sustentabilidade. Lidera a participación da UDC en diferentes proxectos europeos do Programa Horizonte 2020 de grande escala, como son o CONNECTING NATURE, SMARTEES e TRANSIT, proxectos que implican moitos axentes socias en Galicia e Europa, como concellos, pequenas e medianas empresas adicadas á sustentabilidade, e institutos de investigación de prestixio internacional.

A súa investigación céntrase nas solucións baseadas na natureza nas cidades, as dimensións psicolóxicas do cambio de estilo de vida sustentable, a relación entre estilos de vida e benestar, e na psicoloxía da innovación social, o empoderamento e a cohesión social. Previamente, xunto co profesor Ricardo García Mira, traballou como coordinadora científica nos proxectos europeos  GLAMURS e LOCAW, que estiveron centrados en diferentes tipos de intervencións para axudar ás organizacións e rexións europeas a facer a transición cara a estilos de vida e economías máis sustentables.

Foi Profesora Axudante de Psicoloxía Social na Universidade de Timisoara (Romanía), investigadora convidada da Universidade de Surrey en Inglaterra e a Universidade Nacional Autónoma de México e ten un Máster en Psicoloxía Política pola Universidade do Estado de Washington, nos EEUU, como Fulbright Junior Scholar. Nos distintos proxectos europeos traballa en colaboración con concellos como Vitoria, Barcelona e Coruña en estudar e implementar modelos de transición cara a unhas cidades e rexións máis sustentables, saudables e xustas, coa axuda de ferramentas expertas como o deseño participativo de escenarios de futuro, estratexias para impulsar a innovación e o aprendizaxe social, técnicas de simulación social con ferramentas de intelixencia artificial, ou a coprodución de coñecemento con redes e organizacións de distintos sectores, tanto públicos como privados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión