Concello da Coruña

Concello da Coruña

Outras cidades de referencia

Outras cidades do mundo emprenderon procesos de transformación portuaria.

Temos un amplo abano onde mirarnos e do que extraer solucións que poidan ser inspiradoras para a realidade coruñesa.

Puxemos a mirada en máis de 60 portos de todo o mundo atendendo, entre outros, aos seguintes criterios:

-A elección do sistema de xestión e financiamento elixido

- A incorporación ou non de usos produtivos

- A especialización sobre a memoria, a identidade, a innovación etc.

- Se a cidade ten un paralelismo coa Coruña e cal é.

- En que grao existiu unha involucración da cidadanía.

- A integración da vivenda social

- O valor do tratamento ambiental na actuación

- A situación socioeconómica  na que se realizou a transformación.

Deles, afondamos pola súa relevancia ou paralelismos coa Coruña no estudo dos seguintes casos de estudo:

  1. Pasaia / Donostia

  2. Brest

  3. Seul (Cheong Gye Cheon)

  4. Vancouver (Grandville Island, 1979)

  5. Vancouver (False Creek, 1988)

  6. Barcelona

  7. Bilbao

  8. Saint Nazaire

  9. Santander

Toda a información recadada estará dispoñible no informe final no mes de maio de 2018.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión