Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Preguntas frecuentes

Nesta páxina iremos engadindo as preguntas frecuentes sobre o concurso.

OBXECTO DO CONCURSO DE IDEAS

O obxecto deste concurso é xerar ideas e fomentar o debate público e cidadán sobre os terreos do Porto da Coruña, desde o dique de abrigo até o peirao de Oza, para desenvolver un futuro plan director baseado no consenso cidadán e coordinado por un técnico competente en ordenación do territorio.

Trátase dun concurso no que, no canto dunha única proposta gañadora coas súas forzas e debilidades, a cidade gañe coa pluralidade de cinco proxectos gañadores, seleccionados por un xurado e votados pola cidadanía, para poder ter ideas plurais e diversas que teñan un efecto multiplicador á hora de repensar os terreos portuarios.

Esta votación cidadá, que se desenvolve a través da plataforma de participación www.aportaaberta.coruna.es, céntrase na votación dos principios de actuación da propia convocatoria, para poder concluír como responden cada unha das propostas finalistas aos retos expostos no informe do proceso de investigación Tecendo Litoral e que están recollidos nesta convocatoria pública do concurso de ideas.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos poden votar as propostas e participar nos debates. Deberán facelo na páxina web www.aportaaberta.coruna.es, sendo necesaria a verificación dunha conta de persoa usuaria que requirirá os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, número de DNI, código postal, unha dirección de correo electrónico e un teléfono (este último dato non é obrigatorio).

Se xa participaches anteriormente no programa de "Orzamentos Participativos" non terás que verificar a túa conta de persoa usuaria pois xa a tes activa na plataforma.

Se esqueciches o teu nome de usuario ou o teu contrasinal, ou necesitas solucionar outros problemas de acceso, ponche en contacto co concello chamando ao 010 ou a través do correo participacion@coruna.es

Durante todo o prazo de votación dos proxectos gañadores, estarán habilitados tres puntos de atención para a votación presencial, situados en:

  • Pazo Municipal de María Pita.
  • Centro Ágora (Lugar da Av. Gramela, 17).
  • Fórum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, 1).

As persoas que prefiran votar neste concurso de ideas con axuda persoal directa, poderán acudir a calquera deste tres puntos de apoio presencial, que estarán dispoñibles de luns a sábado pola mañá de 10:00 h a 14:00 h e pola tarde de 16:00 h a 20:00 h.

Ademais, poderán tamén acudir, no seu horario de apertura habitual, ás Bibliotecas Municipais da Coruña, o CMIX e os Centros Cívicos Municipais, onde terán información sobre o proceso e recibirán o apoio necesario para garantir a participación de forma rápida e sinxela.

COMO PODO COÑECER OS PROXECTOS?

Tras finalizar o prazo de presentación de propostas para a ordenación do bordo litoral da cidade, o xurado conformado para o concurso de ideas seleccionou o cinco proxectos gañadores, que poden ser votados pola cidadanía, seguindo un sistema de votación articulado en función de todo o desenvolvemento do proxecto global de "Tecendo Litoral".

O cinco proxectos gañadores estarán expostos e dispoñibles para a súa consulta por parte da cidadanía nunha exposición pública na Sala de Exposicións do Palacio Municipal de María Pita desde o 26 de febreiro ao 17 de marzo.

O 27 de febreiro ás 19:30 o espazo situado na Praza da Fábrica de Tabacos, "Tribuna Pública", acolle a presentación do cinco proxectos gañadores para o coñecemento da cidadanía.

Ademáis, na plataforma de participación www.aportaaberta.coruna.es atópase toda a información sobre as propostas dispoñible para a súa consulta.

COMO É O SISTEMA DE VOTACIÓN?

A partir do día 26 de febreiro e até o 26 de marzo está aberto o prazo de votación e debate sobre os proxectos.

Para votar  é preciso entrar na plataforma de participación www.aportaaberta.coruna.es, e acceder ao proceso "Tecendo litoral", onde se atopan os cinco proxectos gañadores coa súa correspondente información, descrición e imaxes, ademais do acceso ás comunidades de debate.

O sistema de votación articulado non implica a elección ou votación directa dos proxectos considerados de maneira global, senón que cada persoa participante decidirá en que medida considera que cada proposta responde, ou propón a mellor solución, a cada unha das seguintes cuestións:

  • A.- Integración urbana entre porto e cidade: Valorar en que medida cada proposta recupera a relación entre o porto e a cidade, considerando a combinación e a distribución dos usos, a integración de espazos libres e equipamentos e a reutilización e posta en valor do patrimonio.
  • B.- Mobilidade e accesibilidade: Valorar o modelo de mobilidade proposto, tendo en conta as melloras na circulación, a accesibilidade universal e a potenciación do transporte público.
  • C.- Sustentabilidade e medioambiente: Valorar o grao de conexión co corredor verde da Ría do Burgo e a infraestrutura verde metropolitana, así como a integración dos principios da economía circular e a eficiencia enerxética, a capacidade de adaptación ante os efectos do cambio climático e a reciclaxe das instalacións e os servizos existentes.
  • D.- Modelo económico: Valorar o mantemento e a mellora dos usos pesqueiros e a introdución de novas actividades limpas e xeradoras de emprego e riqueza, baseadas na innovación e as economías verde e azul.
  • E.- Participación cidadá: Valorar o carácter democratizador e o protagonismo cidadán tanto nos usos, equipamentos e actividades propostas como nos procesos de transformación dos terreos.

A Concellaría de Participación e Innovación Democrática coordina todo o proceso e, finalizado leste, publicará os resultados.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión