Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rosa dos ventos

Rosa dos Ventos, 1994 (Tono Correa Corredoira, A Coruña, 1952)

Esta inmensa rosa náutica, que conforma unha auténtica praza ao pé da Torre, describe un círculo de 25 metros de diámetro. Construída como un mosaico, está elaborada con granito, lousa e cerámica vitrificada. Xunto ás oito agullas que indican os puntos cardinais, contén os símbolos que identifican as nacións celtas: a vieira, Galicia; a caveira, Tarsis; o trevo, Irlanda; o cardo, Escocia; o trisquel, a illa de Man; o dragón, Gales; o cáliz, Cornualles; o armiño, Bretaña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión