Achégate á Biblioteca Ágora a coñecer a primeira obra de Iria Mercedes Torrado Muñiz: "Ecos de nostalgia".
Personas adultas
19/12/2025
Entrada libre ata completar a capacidade.
19.30 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
O venres 19 de decembro terá lugar na Biblioteca Ágora a presentación de "Ecos de nostalgia", o primeiro libro da autora galega Iria Mercedes Torrado Muñiz.
Nesta obra, a escritora novel comparte relatos íntimos e poéticos que invitan a sandar e a recordar que, incluso na escuridade pode brotar a luz. En palabras da propia Iria Muñiz, este libro é a súa viaxe e desexa convidar ao público a percorrelo con ela.
O encontro, que dará comezo ás 19.30 horas, desenvolverase na sala de adultos da Biblioteca.
También te puede interesar