Roberto Carlos Mirás presenta o seu primeiro libro: "En busca de los hombres: ante los ojos de la historia". Achégate e déixate sorprender!
Personas adultas
18/04/2026
Entrada libre ata completar a capacidade.
12.00 horas.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981 189 886
O sábado 18 de abril ás 12.00 h terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación do libro "En busca de los hombres: ante los ojos de la historia", de Roberto Carlos Mirás.
Desde os anos 80 colaborou en distintos medios de comunicación como "El Correo Gallego", "Galicia Hoxe" e "Galicia Digital", pasando por "Cuadernos para el diálogo" e a revista "Que Leer", e actualmente no "Diario de Santiago.es". "En busca de los hombres: ante los ojos de la historia" é o seu primeiro libro.
En palabras de Blanca Martín, periodista e directora do programa de radio Misterios On Air, a obra de R.C. Mirás ofrece unha visión clara e accesible sobre diferentes personaxes que tiveron importancia na historia e presenta gran cantidade de datos e referencias para falar de persoas de distintos ámbitos como o misterio, a filosofía, a política e outros campos do pensamento e a vida social.
También te puede interesar