CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS TALLERES DO PROGRAMA DE LECER - PRIMAVERA 2026
Calendario de inscrición e pago
Talleres de continuidade: 14-15 abril
- Mediante transferencia á conta cuxo/a titular é OS VENTOS - Banco Santander ES95 0049 7796 1426 1000 4476 (concepto: FORUM ou ÁGORA). É imprescindible enviar o comprobante por correo electrónico a forumagora@osventos.com ou depositar nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. de DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Fórum ou Ágora) e o/s taller/es pagos. *Non se admitirán pagos con data posterior ás indicadas.
- Presencialmente en Ágora ou Fórum, das 9.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 h. *Só se admitirán pagos con tarxeta.
Novos talleres - Novos/as participantes
- Preinscrición: desde o 13 de abril a partir das 9.00 h e ata o 14 de abril ás 20.00 h. A preinscrición presencial será das 9.00 ás 14.00 h.
- Publicación de listas con núm. de sorteo: mércores 15 de abril ás 10.00 h na web municipal, web de Cultura e servizo 010.
- Sorteo público: xoves 16 de abril ás 9.00 h na conserxería do Fórum Metropolitano.
- Publicación das listas de prazas adxudicadas e de listas de espera: venres 17 de abril ás 9.00 h na web municipal, web de Cultura e servizo 010.
- Pago de novos talleres: 17-18 abril. De maneira telemática ata o día 18 de abril ás 20.00 h ou presencial o venres 17 de abril das 9.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 h unicamente con tarxeta.
- Adxudicación de prazas nos talleres sen lista de espera: a partir do luns 20 de abril volverase abrir o formulario de inscrición na web para o público en xeral e farase o pago da mesma forma que o resto, ata o venres 24 de abril.
Cota de inscrición:
20,00 € por taller para as persnoas menores de 65 anos
14,00 € por taller para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos talleres.
Para máis información prema nas seguintes ligazóns:
Programa Lecer Agora Primavera 2026
Programa Lecer Forum Primavera 2026
PREINSCRICIÓN: luns 13 e martes 14 de ABRIL, a través de formulario:
Actividades no Ágora:
https://forms.gle/gAzVMFr91cw6Z1UY6
Actividades no Fórum:
https://forms.gle/CJg3x4oTNv2WbArg8