Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña, CidadEclipse

Eclipse solar total na Coruña agosto 2026

A cidade será o mellor lugar de Europa para observar a eclipse total solar o próximo de 12 de agosto.

Ademais de co alcume de 'Cidade de Cristal', este ano A Coruña será coñecida como Cidade Eclipse ao ser un dos mellores lugares de Europa para desfrutar, o próximo 12 de agosto, dunha eclipse solar total.

A última eclipse deste tipo que puido verse desde a cidade foi en 1912 e, este ano, A Coruña atópase de novo na franxa de totalidade deste evento astronómico. O seguinte prevese no 2180, motivo polo que xa son milleiros as persoas que reservaron esta data para achegarse á cidade herculina e vivir un feito histórico.

En paralelo desenvolveranse na Coruña dous importantes congresos astronómicos durante esa semana: o Third Soar MHD Conference e o New Frontiers in Cosmology.

Os mellores puntos para ver a eclipse

Desde o Concello organizaranse exposicións, charlas divulgativas, accións culturais e crearanse puntos de observación con motivo desta xornada.

Unha desas actuacións foi o desenvolvemento de dous visores interactivos de uso público  que permiten comprobar as zonas de sombra e mesmo o punto exacto no que se situará o sol o 12 de agosto no momento da eclipse.

Consulta aquí o mapa de sombras.

Consulta aquí o visor de puntos de observación.

Eclipse solar total na Coruña agosto 2026

Axenda de concertos

Concerto de Chayanne no Coliseum

Non perdas a programación musical da cidade.

A Coruña é, desde fai un par de anos, o faro cultural de Galicia. Así o acreditan as numerosas programacións deseñadas para que o público goce de exposicións, museos, obras de teatro e, por suposto, moita música.

E é que a cidade é o lugar elixido por grandes artistas nacionais e internacionais para ofrecer os seus concertos, tanto ao aire libre como no Coliseum ou nas pequenas salas de concertos.

Se queres visitar a cidade e aproveitar algunha actuación musical, descúbrea na nosa programación.

Concerto de Siloé na Coruña

Guía de ocio

Parella merendero San Roque A Coruña primavera 2026

A Coruña, a cidade que ten todo o que buscas.

Maio é, para moitos, a antesala do verán e de programar novos plans e A Coruña é o lugar perfecto para poñelos en práctica.

¿Apetéceche probar novos sabores? A gastronomía da Coruña é ampla e de primeira. ¿Es fan da moda e encántanche as últimas tendencias? Descúbreas na Coruña. ¿Gústache manterche activo se planeas unha escapada ou as vacacións? O paseo marítimo máis longo de Europa Continental agárdache.

¡Consulta nosa guía de lecer para non perderche nada!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión