Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarxeta Coruña Card

Como funciona?

É unha tarxeta turística que ofrece acceso libre ou descontos e vantaxes nas principais atraccións turísticas da cidade: Torre de Hércules , Aquarium Finisterrae , Domus , Casa das Ciencias , Castelo de San Antón e Casa da auga..

Elixe a tarxeta que máis che conveña para a túa visita

  • Coruña Card 24 horas. Prezo 11 euros.
  • Coruña Card 48 horas. Prezo 13 euros.
  • Coruña Card 72 horas. Prezo 15 euros.
  • Coruña Card infantil (ata 14 anos). Prezo 5 euros e válida ata 72 horas.

Xunto coa tarxeta, entregaráselles ás persoas usuarias un mapa turístico da cidade no que figurarán tamén os establecementos adheridos e información de interese para gozar da súa estadía na Coruña.

  • A tarxeta actívase co primeiro uso e deixa de funcionar unha vez que transcorreu o prazo para o que se mercou.
  • Coruña Card leva un código de barras. Só ten que aproximala aos lectores mecánicos que atopará nos museos municipais.
  • Para obter descontos ou vantaxes nos establecementos adheridos e debidamente identificados deberá presentarse a tarxeta antes de realizar o pagamento do servizo ou compra.
  • Os descontos non son acumulables a outras ofertas. En caso de rebaixas ou descontos especiais en vigor, a tenda non está obrigada a facer un desconto engadido.
  • Non se reembolsarán os cartos en caso de perda.
  • Non se reembolsará o importe aboado en caso de non consumir os servizos incluídos durante o período de validez da tarxeta.

Vantaxes da Coruña Card

Coruña Card ofrece acceso libre aos seguintes museos municipais:

  • Torre de Hércules (imprescindible realizar a reserva previa para visitar - Tfno.: 881 084 756)
  • Aquarium Finisterrae (imprescindible realizar a reserva previa - coruna.gal/mc2)
  • Domus (só actividades e proxeccións, imprescindible realizar a reserva previa - coruna.gal/mc2)
  • Casa das Ciencias (só proxeccións do Planetario, imprescindible realizar a reserva previa - coruna.gal/mc2)
  • Museo Arqueolóxico - Castelo de San Antón

Actividades de lecer:

  • Termaria Casa da Auga: desconto do 25% nas entradas ao talaso, tratamentos e combinados..

Onde se pode mercar?

Nota: Todos os establecementos adheridos adquiriron a obrigación de aplicar o desconto aos usuarios. Turismo da Coruña non se fará responsable das deficiencias no servizo nin dos cambios de tarifas e/ou horarios dos establecementos colaboradores, con todo agradeceriamos as súas suxestións e comentarios para continuar mellorando o noso cartón. As informacións que constan nesta guía foron confirmadas á data da súa inserción, podendo ser posible algunha alteración sen previo aviso, sen ter responsabilidade Turismo da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Iniciar sesión