
O Concello ofrece unha ampla programación vinculada coa eclipse total de sol do 12 de agosto de 2026
A Coruña será un dos mellores lugares de Europa para gozar da eclipse total de sol prevista para o 12 de agosto de 2026. O Concello constituíu unha comisión especial de seguimento para lle ofrecer á cidadanía e ao turismo a mellor experiencia posible.
Baixo o lema A Coruña, CidadEclipse, organizaranse exposicións, charlas divulgativas, accións culturais e crearanse puntos de observación para este acontecemento histórico, que non se vive na cidade desde 1905 e non se repetirá ata o ano 2180.
Campaña divulgativa: o Concello desenvolverá unha campaña en centros educativos e centros cívicos a partir do mes de marzo, co obxectivo de informar a cidadanía de todo o que necesita saber sobre a eclipse.
Museos Científicos: haberá unha programación especial do Planetario vinculada coa eclipse e organizarase unha exposición itinerante.
Puntos especiais de observación nos barrios: cada barrio e distrito disporá dun punto especial de observación da eclipse e tamén se habilitará un punto accesible para as persoas con mobilidade reducida, na Coiraza do Orzán.
Programación cultural especial: haberá diferentes accións culturais especiais, entre elas as actuacións da orquestra Os Satélites en María Pita e un concerto especial de Rosana no parque de Santa Margarida.

O 14 de ago de 2026
Os mapas habilitáronse para facilitar a identificación dos puntos de observación nos barrios e tamén para informar con antelación sobre o dispositivo de tráfico, seguridade e mobilidade o 12 de agosto

O 13 de ago de 2026
Inés Rey: “Amosamos que somos unha cidade preparada para os grandes espectáculos e temos motivos para estar orgullosos”

O 11 de ago de 2026
Activarase un dispositivo especial de mobilidade e reforzarase a limpeza coa instalación de contedores e baños químicos

O 7 de ago de 2026
O vindeiro mércores 12 de agosto, os tres museos científicos coruñeses rematarán a xornada de actividade ás 18.00 horas, dúas antes do habitual na tempada de verán

O 5 de ago de 2026
Hoxe publicouse o bando municipal que inclúe as pautas xerais de seguridade e mobilidade, así como a normativa especial para os establecementos de hostalaría
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible